PLENO

O Pleno aprobou a participación de Compostela nun programa europeo para a loita contra a pobreza urbana

29/03/2016

A Corporación municipal debateu este martes, nun pleno extraordinario, a participación de Compostela no programa europeo UrbanInnovativeActions (UIA), que se convoca neste 2016 por vez primeira. O Goberno local aspira a incorporarse á iniciativa cun proxecto que leva por nome GREEN4HOPE e que aborda a loita contra a pobreza urbana a través do desenvolvemento ecosocial. A adhesión saíu adiante cos votos favorables de Compostela Aberta, PSdeG-PSOE e BNG, coa abstención do PP.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Santiago de Compostela, cidade invitada na Feira Internacional do Libro de Bos Aires

29/03/2016

Compostela é a cidade invitada na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, que celebrará do 21 de abril ao 9 de maio a súa cuadraxésimo segunda edición. Por este motivo, a Xunta de Galicia organizou un amplo programa de actividades, no que colabora o Concello de Santiago. Esta mañá, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentaron un avance da programación na Cidade da Cultura, nunha rolda de prensa á que...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Esgotadas as entradas para os dous concertos de Ses no Teatro Principal

29/03/2016

María Xosé Silvar, Ses, presenta o seu terceiro disco, Tronzar os valos, en dous concertos esta semana no Teatro Principal. Este último traballo chega despois dos tamén exitosos Admirando a condició e Co xenio destrozado. Os concertos serán mañá mércores e de novo o xoves, ambos ás 21:00 horas. As entradas para os dous concertos están esgotadas dende hai días.

Ler máis

CONVIVENCIA

O programa Colecamiños chega tamén ao colexio Raíña Fabiola

29/03/2016

Despois de case medio ano funcionando con éxito no CEIP Pío XII, o programa Colecamiños chegou hoxe ao CEIP Raíña Fabiola. Fíxoo cunha única ruta, coincidente coa establecida dende Galeras para o Pío XII, e con oito nenos e nenas participantes, un número aceptable tendo en conta o mal tempo e o feito de estarmos á volta das vacacións de Semana Santa. Nas próxima semanas, a Policía Local continuará co traballo de difusión deste camiño escolar seguro, co obxectivo de que se...

Ler máis
Compartir: