ACCIÓN CULTURAL

Últimos días para inscribirse nos dous talleres sobre mediación cultural organizados pola Concellaría de Acción Cultural

22/03/2016

A Concellaría de Acción Cultural programou dous talleres baixo o título Pensar a mediación cultural. Que flúa, destinados a persoas pertencentes a entidades e asociacións que desenvolvan proxectos de ámbito local ou pretendan poñer en marcha experiencias de mediación cultural sobre Santiago de Compostela. Celebraranse os días 28, 29 e 31 de marzo e 1 de abril no Local Sociocultural da Caramoniña (travesía Escultor Asorey, 14 – baixo).

Ler máis

BENESTAR ANIMAL

O Padroado do Refuxio de Animais acorda estudar un novo modelo para Bando

22/03/2016

O Padroado da Fundación Refuxio de Animais acordou estudar un novo modelo de funcionamento para as instalacións de Bando, e abriu un período máximo de tres meses para achegar propostas ao respecto. Na reunión celebrada na tarde de onte, os integrantes do organismo coincidiron en que o funcionamento do Refuxio é mellorable, e en que o actual modelo de xestión está caduco. Nesta liña, púxose de manifesto a necesidade de procurar novos fondos para o Refuxio, máis alá das achegas dos Concellos.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello e Viaqua celebran o Día da Auga

22/03/2016

O Concello de Santiago sumouse hoxe á celebración do Día Mundial da Auga, en colaboración con Viaqua. A concesionaria do servizo da auga instalou unha carpa na praza Roxa, na que se realizou unha cata de distintos tipos de auga. Nela participou o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, que sinalou que "a cata deixou constancia da boa calidade da auga da billa en Compostela".

Ler máis

TURISMO

Turismo de Santiago colabora coa Cidade da Cultura na promoción da mostra "Con-fío en Galicia" durante a Semana Santa

22/03/2016

Turismo de Santiago e a Fundación Cidade da Cultura veñen de asinar un acordo para promocionar de xeito conxunto a exposición Con-fío en Galicia durante esta Semana Santa. Mediante o acordo, a entidade municipal cede o uso dun espazo diferenciado á Fundación Cidade da Cultura na súa Oficina de Información Turística para que poida informar sobre a mostra aos centos de turistas e visitantes que pasan cada día pola oficina da rúa do Vilar durante estas datas. A exposición pode visitarse de balde ata o 11...

Ler máis
Compartir: