CONVIVENCIA

Os Bombeiros de Santiago superaron o ano pasado o milleiro de intervencións

21/03/2016

Os Bombeiros de Santiago realizaron o ano pasado 1.062 saídas, 86 máis que en 2014. A maioría das intervencións, 443, estiveron relacionadas con labores de vixilancia e prevención, e dúas das saídas foron ao concello de Teo. Así se recolle no balance de 2015 que hoxe presentaron o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e o xefe do Servizo de Extinción, Xesús Martínez.

Ler máis

CONSORCIO

Segue aberto o prazo de inscrición no curso de posgrao de especialización orquestral coa Real Filharmonía de Galicia

21/03/2016

Está aberto o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2016-2017. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Comezan os roteiros guiados polos parques de Santiago de Compostela

21/03/2016

Hoxe celébrase o Día da Árbore, e esta mañá comezaron os roteiros guiados polos parques de Compostela cos que a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia conmemora esta efeméride, en colaboración co Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago. As primeiras visitas estiveron moi concorridas, sobre todo a realizada na Alameda, na que participou o concelleiro Xan Duro.

Ler máis

BENESTAR ANIMAL

O Padroado do Refuxio de Animais acorda estudar un novo modelo para Bando

21/03/2016

O Padroado da Fundación Refuxio de Animais acordou hoxe estudar un novo modelo de funcionamento para as instalacións de Bando, e abriu un período máximo de tres meses para achegar propostas ao respecto. Na reunión celebrada esta tarde, todos os integrantes do organismo coincidiron en que o funcionamento do Refuxio é mellorable, e en que o actual modelo de xestión está caduco. Nesta liña, púxose de manifesto a necesidade de procurar novos fondos para o Refuxio, máis alá das achegas dos Concellos. Tamén...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

"De lugares e órganos" programa este martes un itinerario por distintos órganos da cidade

21/03/2016

De lugares e órganos, o programa de música e outras paisaxes de Compostela que organiza a Concellaría de Acción Cultural para esta Semana Santa, organiza na xornada deste martes 22 un itinerario por diversos órganos da cidade. A saída será ás 16:30 horas da igrexa da Universidade ou da Compañía e, ademais do órgano desta igrexa, tamén se visitarán os de San Francisco e das Ánimas. A actividade repetirase o sábado 26 a partir das 11:00 horas e o grupo será dun máximo...

Ler máis
Compartir: