XUNTA DE GOBERNO

O Goberno municipal ordena o peche cautelar de dous locais de ocio nocturno por incumprir as normas de seguridade

11/03/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe incoar cadanseu expediente administrativo sancionador e ordenar o peche cautelar durante a súa tramitación de dous locais de ocio nocturno: as discotecas Metrópolis e a Apolo. Estes dous establecementos foran obxecto dunha inspección policial o pasado 19 de febreiro, que deixou patentes graves problemas de seguridade. A discoteca Metrópolis duplicaba o seu aforo, cun límite de 170 persoas, e a discoteca Apolo triplicaba o máximo autorizado de 300 persoas. Ademais, detectáronse outras deficiencias como...

Ler máis

ALCALDÍA

Parabéns da Corporación ao compostelán Nico Casal, autor da banda sonora da curta "Stutterer", gañadora dun Oscar

11/03/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o músico compostelán Nico Casal, autor da banda sonora da curtametraxe Stutterer, gañadora dun Oscar na última edición. No encontro tamén participaron os voceiros de Compostela Aberta, Marta Lois, e do Partido Popular, Agustín Hernández, ademais dos concelleiros socialistas Gonzalo Muíños e Milagros Castro.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal abre o seu programa de Semana Santa con "La Passió de Crist"

11/03/2016

Este domingo, 13 de marzo, a Banda Municipal presenta o primeiro concerto dedicado á temática relixiosa ao redor da Semana Santa compostelá. Baixo o título de La Passió de Crist, presenta un programa que comeza co Requiem do compositor D. Maslanka, para continuar ascendendo ao paraiso coa sinfonía La Divina Comedia, de R. W. Smith, e concluir sinfonía do compositor valenciano Ferrer Ferran titulada La Passió de Crist. A cita é no Auditorio de Galicia ás 12:00 horas.

Ler máis

FACENDA

O Goberno local acepta tres emendas da oposición aos orzamentos de 2016

11/03/2016

Esta mañá celebrouse a Comisión Informativa de Facenda, na que se deu conta das emendas presentadas pola oposición ao proxecto de orzamentos para 2016 e procedeuse ao debate do Plan Económico Financeiro, do cadro de persoal e dos orzamentos para este exercicio. O vindeiro martes 15 de marzo será o Pleno para a súa aprobación.

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega solicita unha reunión co presidente da Xunta para recuperar a colaboración institucional

11/03/2016

O alcalde solicitou hoxe unha entrevista co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, co obxectivo de "recuperar o necesario espazo de colaboración institucional en temas de vital importancia para Compostela". Entre eses asuntos, Martiño Noriega citou o proxecto da intermodal, a política aeroportuaria ou a variante de Aradas. O rexedor reclamaralle a Alberto Núñez Feijóo o regreso á senda da cooperación "despois dalgunhas actuacións unilaterais, fundamentalmente por parte da Consellería...

Ler máis

ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL

A compostelá Mery Pais gaña o 9º Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

11/03/2016

A compostelá Mery Pais fíxose esta tarde co primeiro premio da 9ª edición do Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, dotado con 6.000 euros. Recibiu o galardón de mans do alcalde da cidade, Martiño Noriega, pola peza #Intrusas, videoinstalación que afonda nun tema moi sensible: a situación de exclusión social a que se vén sometidas as protagonistas da obra por unha dobre condición, ser mulleres e musulmás. O segundo premio, que entregou a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra,...

Ler máis
Compartir: