ALCALDÍA

O Concello colaborará na celebración do 150º aniversario do nacemento Valle-Inclán

15/02/2016

O alcalde, Martiño Noriega, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a Xaquín del Valle-Inclán Alsina, neto do dramaturgo de Vilanova de Arousa. O obxectivo do encontro era avanzar na definición das actividades coas que se vai celebrar o 150 aniversario do nacemento do escritor. Na reunión tamén participou a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra.

Ler máis

EQUILIBRIO TERRITORIAL

Avanzan as obras de reparación de fochancas

15/02/2016

Na mañá deste luns comezaron as obras de reparación de fochancas na zona norte da cidade, en concreto na vía La Cierva, na rúa Tabaniscas e no Cruceiro da Coruña. O concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial deu conta da marcha destes traballos, que comezaron a semana pasada despois de que o Goberno habilitara un procedemento pola vía de emerxencia. Rafael Peña recoñeceu que "as condicións meteorolóxicas seguen sen ser as máis favorables, pero é preciso acometer estas reparacións...

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Uxía canta a Manuel María no Principal

15/02/2016

Uxía canta a Manuel María é un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía, voz excepcional da música galega e sensibilidade feita canción. Publicouse un CD resultado da gravación "ao vivo" do concerto celebrado na Casa-Museo do escritor (Outeiro de Rei) o 6 de outubro de 2015, día no que Manuel María cumpriría 86 anos. Agora, poderemos escoitar os temas en directo no Teatro Principal, o luns 22 de febreiro ás 20:30 horas.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

O Concello explora a posibilidade de ampliar a Vía Verde a Tordoia e Cerceda

15/02/2016

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia segue a traballar para facer realidade a Vía Verde Santiago-Ordes, un proxecto do que se empezara a falar en 2008 pero que non chegou a executarse. Hoxe, Xan Duro presidiu no Pazo de Raxoi unha xuntanza cos representantes dos concellos de Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda, co obxectivo de analizar a posibilidade de prolongar o trazado aos dous últimos municipios.

Ler máis
Compartir: