ACCIÓN CULTURAL

Teatro do Atlántico presenta "Helena, xuízo a unha lurpia", revisión no século XXI da historia de Helena de Troia

14/12/2016

Teatro do Atlántico presenta en Compostela Helena: xuízo a unha lurpia, unha revisión da historia de Helena de Troia que transcorre no século XXI. O espectáculo, que se enmarca dentro da programación do ciclo Teatro & Danza, da Concellaría de Acción Cultural, poderá verse este xoves 15 e o venres 16, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.

Ler máis

LINGUA

Nanube, Miranda Priestly e a editorial Alvarellos, Premios Manuel Beiras

14/12/2016

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu o acto de entrega dos Premios Manuel Beiras de recoñecemento ao uso do galego no ámbito empresarial. O alcalde, Martiño Noriega, e o vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez Carracedo, deran a coñecer este mediodía a decisión do xurado nesta XVII edición dos galardóns, convocados conxuntamente polo Concello e a entidade cameral.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Máis de 600 comensais aproveitaron os restos dos seus menús na campaña "Que che re-aproveite!"

14/12/2016

Ata 630 persoas levaron para a casa os restos das súas comidas durante a campaña Que che re-aproveite!, posta en marcha pola Concellaría de Medio Ambiente no marco da Semana Europea da Prevención de Residuos. O obxectivo do programa, que se desenvolveu en colaboración coa empresa Novotec e no que participaron 25 restaurantes da cidade, era evitar o malgasto alimentario nos establecementos de hostalería. Para iso, os restaurantes que se sumaron á campaña repartiron bolsas e friameiras nas que os seus clientes podían levar...

Ler máis
Compartir: