XUNTA DE GOBERNO

Adxudicadas obras dos remanentes por un importe total de case 375.000 euros

28/10/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe a adxudicación de tres dos proxectos que serán financiados con cargo a remanentes, e que suporán un investimento total de case 375.000 euros. Trátase da mellora do pavimento da calzada no viario de servizo da avenida do Cruceiro da Coruña (marxe oeste), por un importe de preto de 150.000 euros; a mellora do pavimento no viario de Reboredo a Lavacolla, por 112.000 euros; e o acondicionamento da Casa da Muller, ao que se destinarán tamén case 112.000 euros. O alcalde, Martiño Noriega, mostrou a súa...

Ler máis

COMERCIO

O Mercado de Nadal celebrarase este ano en Carreira do Conde

28/10/2016

Xa está aberta a convocatoria para que os e as comerciantes, artesáns/ás e produtores/as interesados/as poidan presentar as súas solicitudes para participar no Mercado do Nadal. A terceira edición deste evento terá lugar en Carreira do Conde, e contará cunha duración maior, xa que irá dende o 3 de decembro ata o 5 de xaneiro.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O Concello remite á Xunta o Plan Especial do ámbito da estación intermodal

28/10/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe remitir á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia a solicitude do procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan Especial de ordenación de accesos, infraestruturas, servizos ferroviarios e estación intermodal na estación de ferrocarril. Ao mesmo tempo, seralle remitido o Documento ambiental estratéxico e o Borrador do plan.

Ler máis

MEDIO AMBIENTE

Amplo calendario de actividades no CIAC durante o mes de novembro

28/10/2016

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), celebrará este vindeiro mes de novembro o Día do Consumo e o Día contra a Explotación Ambiental , ademais dunhas xornadas sobre cambio climático. O amplo calendario de actividades completarase cun roteiro e cun cun cineforum.

Ler máis

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

As escolas infantís celebraron o Samaín

28/10/2016

A Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Santiago celebrou este venres a súa festa do Samaín, culminando así unha semana na que os nenos e nenas dos centros de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío – Salgueiriños dedicaron toda a semana a actividades relacionadas con esta celebración.

Ler máis
Compartir: