MEDIO AMBIENTE

Retomadas as conversas para acondicionar a Vía Verde Santiago-Ordes

08/01/2016

O Concello de Santiago quere recuperar un vello proxecto para a posta en valor do antigo trazado ferroviario entre Compostela e Ordes, e convertelo nunha Vía Verde. O protocolo para a súa creación, xestión, explotación e mantemento fora asinado no ano 2008 polos tres gobernos locais implicados, pero finalmente non se deron os pasos necesarios para poñer en marcha a iniciativa. Por iso, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recibiu no Pazo de Raxoi ao alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e á concelleira de Medio Rural e...

Ler máis

CONVIVENCIA

O Concello activa un operativo de seguridade ante as malas previsións meteorolóxicas

08/01/2016

O Goberno local vén de activar un operativo especial de seguridade, ante as malas previsións meteorolóxicas para os vindeiros días. Aínda que a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) non activou de momento ningún nivel de alerta para a fin de semana, as predicións falan de que se van repetir os episodios de vento e fortes chuvias das últimas xornadas. É por iso que durante a fin de semana vai haber un reforzo nos servizos de Policía Local, Bombeiros e Viaqua, co obxectivo de solucionar con axilidade calquera incidencia que...

Ler máis

ALCALDÍA

Martiño Noriega insta a Fomento a facer os seus deberes en Compostela

08/01/2016

O alcalde de Santiago instou hoxe ao Ministerio de Fomento a cumprir os seus compromisos coa cidade, e avogou porque "o feito de termos un Goberno en funcións non paralice actuacións vitais para Compostela". Martiño Noriega expresou o seu malestar polo retraso das obras do túnel de Conxo, e lembrou que axilizar estes traballos fora unha das promesas de Ana Pastor na reunión celebrada en Madrid no pasado 2 de setembro.

Ler máis
Compartir: