EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Comeza outra edición do ciclo de sesións didácticas da Escola Municipal de Música nos centros educativos da cidade

27/01/2016

Onte e hoxe celebrárons as primeiras visitas do 6º ciclo de sesións didácticas que a Escola Municipal de Música vén realizando nos centros de ensino de Compostela. Son arredor de 30 sesións didácticas que teñen como obxectivo promover o achegamento da música aos máis pequenos na rede de centros educativos de Compostela. O ciclo está destinado ao alumnado do 3º ciclo de primaria e aos alumnos das escolas infantís do municipio.

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde destaca o Museo de Historia Natural Luis Iglesias como un referente na cidade e aposta por darlle maior visibilidade

27/01/2016

O alcalde, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, achegáronse este mediodía ao Museo de Historia Natural Luis Iglesias. Foi unha visita que quedara comprometida dende a xuntanza que o rexedor mantivo, no Pazo de Raxoi, coa directora do centro. Da man da directora do Museo, Mabel Fraga, o alcalde e Xan Duro coñeceron polo miúdo o Museo, que ocupa un edificio construído para ese fin na Finca de Vista Alegre

Ler máis

CONSORCIO

A virtuosa violinista polaca Aleksandra Kuls formará neste instrumento a músicos galegos

27/01/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A recoñecida violinista polaca Aleksandra Kuls formará neste instrumento tanto aos estudantes da escola como a alumnos externos interesados en perfeccionar a súa interpretación co violín.

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

O Concello reparará as arquetas mal instaladas nas obras da rúa dos Basquiños

27/01/2016

O Concello vai acometer a reparación das arquetas que quedaron mal instaladas nos Basquiños, durante as obras de reurbanización da rúa. Estes traballos comezaron en agosto de 2014, e finalizaron un ano despois, pero nestes meses foron moitas as queixas dos veciños da zona polo ruído que producían as arquetas ao paso dos vehículos. A actuación correrá a cargo da empresa que executou a reforma da rúa, posto que estas obras aínda están en garantía.

Ler máis

TURISMO

Arranca o Entroido Gastronómico da Ulla con 25 restaurantes participantes

27/01/2016

Este sábado comeza o Entroido Gastronómico da Ulla, no que 25 restaurantes dos concellos da comarca nos que se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla ofertarán menús especiais con pratos e produtos típicos destas datas. Os menús especiais poderán degustarse nas fins de semana nas que se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla, do 30 de xaneiro ao 14 de febreiro.

Ler máis
Compartir: