POLÍTICAS SOCIAIS

O alcalde e a concelleira de Políticas Sociais visitan o Centro "Juan Vidán" de Laraño

18/01/2016

O alcalde da cidade, Martiño Noriega, e a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visitaron esta mañá as instalacións que a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Santiago (ASPAS) ten na zona de Laraño, o Centro Residencial "Juan Vidán Torres" para persoas con necesidades de apoio extenso e xeneralizado, posto en funcionamento en 1985.

Ler máis

TURISMO

Os concellos onde se celebra o Entroido dos Xenerais da Ulla reforzan o seu compromiso con esta Festa de Interese Turístico

18/01/2016

Os alcaldes de A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces asinaron no Pazo de Raxoi un protocolo de colaboración para reforzar a promoción conxunta do Entroido Rural Tradicional da Ulla – Xenerais da Ulla, que foi declarado Festa de Interese Turístico de Galicia en 2013. A sinatura deste documento amosa o compromiso dos oito concellos en afondar na colaboración para a recuperación total desta festa tradicional e a súa consolidación como un atractivo turístico que poda aumentar a demanda en...

Ler máis

MOBILIDADE

Comezan este mércores as reunións plenarias do Pacto pola Mobilidade

18/01/2016

O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acollerá este mércores, a partir das 19:30 horas, a primeira reunión plenaria do Pacto pola Mobilidade, na que se vai analizar un dos tres asuntos sectoriais previstos para estas xuntanzas: o da circulación. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade explicou que de aquí a finais de febreiro celebraranse os outros dous plenarios, sobre modos brandos de transporte e transporte público. As conclusións destes encontros recolleranse nun documento que servirá de...

Ler máis

MOBILIDADE

O aparcadoiro disuasorio de Pontepedriña abrirase esta mesma semana

18/01/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade anunciou este luns que o estacionamento disuasorio de Pontepedriña empezará a funcionar o próximo mércores. Nunha primeira fase, explicou Jorge Duarte, o aparcadoiro non estará regulado, porque "se van realizar enquisas para analizar o tipo de uso que se lle dá ao espazo, e tamén quen o utiliza". Eses datos serán tidos en conta á hora de poñer en marcha as medidas que se consideren máis efectivas para garantir a rotación...

Ler máis

EDUCACIÓN

O alcalde resolverá a concesión dos comedores cun procedemento negociado sen publicidade pola vía de urxencia

18/01/2016

O Goberno local vai abrir un procedemento negociado sen publicidade, pola vía de urxencia, para resolver a concesión dos comedores escolares para o que queda de curso escolar. Segundo a información dos servizos técnicos do Concello, a resolución do proceso realizarase nun prazo de dúas semanas. Mentres non se resolva o procedemento, está garantido que a prestación do servizo nos centros continuará con absoluta normalidade.

Ler máis
Compartir: