ESPAZOS CIDADÁNS E CONVIVENCIA

Este próximo luns comezarán os cortes de tráfico na rúa de Montero Ríos

15/01/2016

As obras de humanización de Montero Ríos entrarán o luns nunha nova fase, que obrigará a aplicar os primeiros cortes de tráfico. Os concelleiros de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e Convivencia, Xan Duro, deron conta este venres dos principais cambios para a circulación, así como do calendario previsto para os traballos.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O alcalde reunirase este martes con Ana Pastor para abordar os compromisos pendentes de Fomento coa cidade

15/01/2016

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reunirase este vindeiro martes en Madrid coa ministra de Fomento en funcións, Ana Pastor. Esta xuntanza fora solicitada polo Goberno local ante os retrasos en actuacións vitais para Compostela, como o paso inferior de Conxo, ou a falta de información e avances respecto a proxectos como a intermodal ou os enlaces coa AP-9.

Ler máis

EMPREGO

A Estratexia de Emprego municipal contará con máis de 12 millóns de euros para o período 2016 - 2020

15/01/2016

A Mesa polo Emprego aprobou no Pazo de Raxoi a Estratexia de Emprego do Concello para o período 2016 - 2020, que recolle os obxectivos, liñas e medidas que se desenvolverán nos vindeiros anos para dinamizar o mercado laboral de Santiago. O orzamento xeral previsto para o conxunto desta Estratexia será de 12.722.953 euros, dos cales 3.479.353 serán de aportación municipal e 9.243.600 doutras administracións. En conxunto, na elaboración desta estratexia participaron máis de 2.000 persoas.

Ler máis
Compartir: