ECONOMÍA E FACENDA

O Goberno local presenta unha proposta de orzamento centrada nas políticas sociais, o rural e o mantemento da cidade

14/01/2016

A concelleira de Facenda, María Rozas, presentou este xoves a proposta do Goberno para os orzamentos de 2016, proposta que xa lle foi aportada aos grupos da oposición nunha reunión celebrada esta mañá e que estivo presidida polo alcalde, Martiño Noriega. O proxecto presentado polo Goberno contempla un orzamento equilibrado en ingresos e gastos, por un total de 99.445.651,04 euros. O orzamento consolidado, o que incorpora as contas de Tussa, Incolsa e o Auditorio, achégase aos 106.612.666,65 euros.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Asociación Cultural Francisco Asorey edita o catálogo de obras do escultor coa colaboración do Concello de Santiago

14/01/2016

A Asociación Cultural Francisco Asorey presentou este xoves na Casa do Concello o primeiro volume do catálogo de obras do escultor. Fíxoo a presidenta de dita Asociación, María del Carmen Asorey Abelleira, e o seu secretario, Vicente Pérez, acompañados da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, xa que o Concello de Santiago colaborou na elaboración do traballo. Non existía unha catalogación das obras de Asorey e por iso, hai uns catro anos, dende a asociación decidiron comezar este traballo do que...

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía celebra dous concertos en Lisboa esta fin de semana, no marco do festival "Temporada Darcos"

14/01/2016

A Real Filharmonía de Galicia celebra dous concertos en Lisboa esta fin de semana, no marco do festival portugués de música clásica Temporada Darcos, que este ano conmemora a súa novena edición. A RFG abrirá o certame, cunha primeira actuación o sábado 16 de xaneiro, ás 21:30 horas, no Teatro de Torres Vedras. A segunda cita terá lugar o domingo 17, ás 17:00 horas, no auditorio do Centro Cultural de Belém.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Berrobambán estrea este venres "Xurdefet (Jour de fête)" no Teatro Principal

14/01/2016

A compañía teatral Berrobambán estrea este venres en Compostela a súa última obra, Xurdefet (Jour de fête). Será ás 20:30 horas no Teatro Principal e repetirán de novo función sábado ás 12:00 e ás 18:30 horas. As entradas para este espectáculo teñen un prezo de 5 euros e pode mercarse unha entrada familiar por 15 euros para catro persoas (é dicir, serían 4 entradas ao prezo de 3) ou, se son soltas, hai descontos do 50% para diversas circunstancias.

Ler máis
Compartir: