ALCALDÍA

O alcalde valora a redución do 3% nas infraccións penais e a fluída coordinación entre os diferentes corpos policiais

12/01/2016

A Casa do Concello acolleu unha nova reunión ordinaria da Xunta Local de Seguridade presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e polo subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán. Entre outras cuestións, na xuntanza analizáronse os último índices de criminalidade dispoñibles, que reflicten que as infraccións penais se reduciron nun 3% en 2015 respecto ao ano precedente

Ler máis

ESPAZOS CIDADÁNS

A Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible 2015-2025 contempla máis de 100 accións para lograr unha Compostela inclusiva, patrimonial e accesible

12/01/2016

O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, presentou este martes a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI), un documento que contempla accións para o período 2015-2025 e co que o Concello de Santiago aspira a 15 millóns de euros de fondos europeos, do Programa Operativo de Crecemento Sostible 2015-2020. Esta estratexia foi sometida á deliberación do Pleno nunha sesión extraordinaria celebrada tamén este martes. Saíu adiante cos votos favorables do grupo do...

Ler máis
Compartir: