FESTAS
O Compos toma a praza da Quintana o venres da Ascensión coa 2ª entrega do ComposFest
O programa das festas incluirá a segunda cita deste festival promovido pola SD Compostela e o Concello de Santiago no que participan Dios Ke te Crew, Boyanka Kostova e Cool Nenas. A cita é o venres 10 de maio na praza da Quintana, a partir das 21 horas e de balde para o público.
ALCALDÍA
O Concello convoca este xoves a Comisión mixta de Peleteiro para dar conta do proceso de negociación coa propiedade
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, anunciaron esta mañá a convocatoria da Comisión Mixta Peleteiro para este xoves 18 de abril ás 17:00 horas co propósito de dar conta do proceso de diálogo levado a cabo nos últimos meses coa Sareb ao respecto do proxecto do antigo edificio de Peleteiro. A rexedora adiantou o rexeitamento por parte da propiedade das últimas propostas de modificación presentadas polo Concello co obxectivo de chegar a unha solución...
DEPORTES
O Concello de Santiago patrocinará o Luis Penido Rally Team nas súas competicións europeas
Ambas entidades veñen de firmar un acordo de patrocinio para esta tempada 2024 a través do cal o Concello de Santiago prestará o seu apoio ao equipo nas competicións europeas nas que vai participar. O acordo foi presentado esta mañá na praza do Obradoiro pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, o director deportivo do Luis Penido Rally Team, Daniel Blanco, e o piloto Luis Penido.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola últimas vítimas mortais de violencia de xénero e vicaria
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada o 6 de abril en Málaga e pola muller e os seus dous fillos menores asasinados o 9 de abril en Barcelona, últimas vítimas de violencia de xénero e vicaria.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno local aproba a addenda ao convenio da EDAR para axustar o financiamento
O executivo municipal aprobou esta mañá a addenda nº 1 ao convenio subscrito para a execución e explotación das obras da nova estación depuradora de augas residuais de Silvouta. En total dedicarase ao proxecto de execución da EDAR de Silvouta un total de 60 millóns, dos que o Estado achegará finalmente un 80% a través de Fondos Europeos, o que suporá un aforro de 11,4 millóns de euros para o Concello de Santiago. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, deu conta deste e outros asuntos en rolda de...
MOBILIDADE
Bota a andar é-Bici, o proxecto piloto de préstamo de bicicletas posto en marcha pola USC coa colaboración do Concello
O próximo luns empezará a funcionar é-Bici USC, un programa piloto de préstamo de bicicletas eléctricas impulsado pola xerencia da Universidade de Santiago, en colaboración coa Concellaría de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais. O obxectivo é mellorar a comunicación entre os campus, apostando por unha mobilidade máis sostible e uns modos de vida máis saudables.
CONSORCIO
Continúa a boa acollida de "TER É MANTER", que recibe 74 solicitudes para este 2024
Os inmobles da Cidade Histórica beneficiaranse desta subvención destinada ao mantemento e rehabilitación.
DEPORTES
Compostela acollerá o Campionato de España Cadete Feminino do 19 ao 25 de maio
Máis de 600 deportistas pertencentes a 32 equipos participarán no Campionato de España Cadete Feminino, un fito deportivo e social organizado pola Federación Galega de Baloncesto e o Concello de Santiago que terá lugar do 19 e 25 de maio en varios espazos da cidade.
EIXO ATLÁNTICO
Santiago participa na VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico que terá lugar esta fin de semana en Barcelos
Este sábado 13 e domingo 14 de abril celébrase na cidade portuguesa de Barcelos a VIII Mostra Musical do Eixo Atlántico. Este concurso musical, nado en 2008, contará coa participación de 408 mozos e mozas de Galicia e do Norte de Portugal nunhas xornadas abertas ao público. Santiago estará representado ola Banda Sinfónica, polo Coro Profesional do Conservatorio Profesional de Santiago (CMUS) e por un trompetista solista da Escola Municipal de Música de Santiago.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago recoñece coas súas distincións máis elevadas a sete persoeiros que "engrandecen a nosa historia e fan esta cidade aínda máis fermosa"
Nun acto celebrado no Teatro Principal, o Concello concedeu as súas máis prezadas condecoracións a sete figuras clave na historia de Compostela. Outorgáronse as Medallas de Ouro á xornalista Tareixa Navaza e ao activista político Luís Pasín e nomeáronse Fillos/as Predilectos/as da cidade o médico Ramón Baltar, a artista e comerciante Aurora Pereira (Aurichu), ambos a título póstumo, e o divulgador cultural Ezequiel Méndez. O párroco José Porto e o profesor Manuel Quintáns -a...