TURISMO

Xa está aberta a oficina de información turística do aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro

01/07/2020

A oficina de información turística do aeroporto de Santiago – Rosalía de Castro abríu hoxe as súas portas logo de que tivese que pechar por mor da declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo. Fixouse como data de apertura o 1 de xullo, xa que nestes días o aeroporto está recuperando a maior parte das súas rutas, incluíndo as internacionais, aínda que cunhas frecuencias adaptadas á situación actual.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

Arrinca "Vive o verán" nos centros socioculturais

30/06/2020

Esta semana, coa chegada do mes de xullo, arrinca a programación de Vive o verán nos centros socioculturais do medio urbano. Ademais das actividades previstas para as mañás nos centros socioculturais das Fontiñas, O Romaño, A Trisca, O Castiñeiriño, Santa Marta, Conxo e O Ensanche, preparouse un calendario de actividades complementarias, algunhas das cales aínda teñen prazas dispoñibles.

Leer más

ALCALDÍA

O Acordo da Sionlla senta as bases da creación do Polo de Innovación en Biotecnoloxía para facer de Santiago e Galicia un "referente" no sector

30/06/2020

O Centro Empresarial do Tambre acolleu hoxe a reunión da Mesa Institucional do chamado "Acordo da Sionlla", á que asistiron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago (USC), Vicente Pérez Muñuzuri; o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Carballo García; e o...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Auditorio de Galicia e o Teatro Principal levantan o pano coa obra "Daimon y la jodida lógica", da compañía Matarile Teatro

30/06/2020

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou hoxe –xunto a Ana Vallés e Baltasar Patiño– a función de Daimon y la jodida lógica a obra de Matarile Teatro coa que se levanta o pano no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal. Será o venres 3 de xullo ás 20:30 h, no Auditorio de Galicia. Ábrese así a programación de Volvemos á escena! – Xullo 2020, que recupera sete dos espectáculos adiados pola alerta sanitaria.

Leer más

RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

O Fondo Galego de Cooperación aproba un plan centrado na Axenda 2030 e no traballo cos países do Sur

30/06/2020

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no que está integrado o Concello de Santiago de Compostela, aprobou por unanimidade as Liñas Estratéxicas 2020-2023 na Asemblea Xeral celebrada esta mañá, na que participou o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte. É a primeira asemblea que se desenvolve de xeito virtual na historia desta asociación de concellos e deputacións, a fin de minimizar o risco sanitario derivado da Covid-19. As e os asistentes déronlle tamén luz verde ao Plan de...

Leer más

MOBILIDADE

Gonzalo Muíños asistiu á constitución da Asociación de Empresas Galegas de Alugueiro de Autocaravanas

30/06/2020

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, asistiu este martes na praza do Obradoiro á presentación da Asociación de Empresas Galegas de Alugueiro de Autocaravanas (Asemgal), que quedou constituída hoxe en Santiago de Compostela. Esta entidade reúne 36 firmas do sector co obxectivo de por en valor as posibilidades que oferta para Galicia este modelo de actividade dentro do ámbito turístico.

Leer más
Compartir: