XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local destina máis de 9 millóns de euros ao novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar

07/08/2020

A Xunta de Goberno Local, nunha sesión extraordinaria celebrada este venres, iniciou o expediente para contratar o novo Servizo de Axuda no Fogar, cun tipo de licitación de 9.245,235 euros para un período de tres anos. Na sesión tamén se aprobaron convenios de colaboración con entidades sociais por valor de 104.000 euros e resolveuse a convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello súmase ás recomendacións da FEMP e do Goberno sobre o uso responsable da máscara en contornas naturais

07/08/2020

O Concello de Santiago, como integrante da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), súmase á campaña desta en colaboración cos ministerios para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e de Consumo, que leva por título "Recordos inesquecibles. A máscara é para ti, non para a natureza". Esta iniciativa promove o uso de máscaras protectoras e quere sensibilizar sobre os efectos do abandono das mesmas en contornas naturais.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Primeira semana de actividades de rúa no Territorio Xogantín

06/08/2020

A concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz, visitou este xoves os nenos e nenas que participan esta semana nunha nova edición do Territorio Xogantín, o programa que propón tomar as rúas, as prazas e os parques para enredar libremente. Dende o pasado luns e ata o 4 de setembro, un grupiño de rapaces e rapazas de 6 a 10 anos xúntanse coas monitoras de Xandobela na praza do 8 de Marzo, de luns a venres entre as 11:30 e as 13:30 h, para facer súa a rúa.

Leer más

ALCALDÍA E DEPORTES

Recibimento a José Manuel Calderón tras realizar o Camiño de Inverno

06/08/2020

O alcalde en funcións, Sindo Guinarte, recibiu o ex xogador de baloncesto José Manuel Calderón, protagonista da VI edición de "O Camiño acaba no Obradoiro". Coa delegación que acompañaba o deportista chegou a concelleira de Deportes, Esther Pedrosa. Tamén participaron na recepción os concelleiros José Antonio Constenla (PP) e Navia Rivas (BNG).

Leer más

MOBILIDADE

Os/as veciños/as dos novos ámbitos incluídos na Zona 7 de residentes (San Lourenzo) poderán solicitar as súas tarxetas de estacionamento a partir do 10 de agosto

05/08/2020

A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadán informa aos veciños e veciñas residentes das rúas das Hortas, Calzada do Carme de Abaixo, Campo das Hortas, Entregaleras, Galeras, dende o número 2 ata o 32, que poden solicitar as súa Tarxeta de Aparcamento de Residentes Zona 7-San Lourenzo a partir do 10 de agosto.

Leer más

EDUCACIÓN

Recepción aos/ás participantes no Campamento Don Bosco

03/08/2020

A concelleira de Educación, Noa Díaz, recibiu na praza do Obradoiro as mozas e mozos da cidade que participan no Campamento Urbano do Centro Don Bosco. Tamén participaron no acto os concelleiros José Antonio Constenla (PP), Branca Novoneyra (CA) e Goretti Sanmartín (BNG). Todos/as recibiron como agasallo a camiseta deste ano do campamento.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Martes de contos en Bonaval durante o mes de agosto

03/08/2020

As actividades do Apego continúan durante o mes de agosto, pero desta volta saen ao aire libre. Para seguir favorecendo un espazo e un tempo de encontro entre familias interesadas na crianza en galego e para ofrecer propostas de contido cultural para o lecer infantil en galego, póñense en marcha os Martes de contos no parque.

Leer más

ROLDA DE PRENSA

A Xunta de Goberno aproba as bases das subvencións para o deporte federado

03/08/2020

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria deste luns, aprobou a convocatoria de subvencións para o fomento do deporte federado correspondente ao exercicio 2020. Tamén se deu o visto bo ás renovacións e novas autorizacións das hortas municipais de Fontiñas-Cotaredo e adxudicáronse as obras de acondicionamento interior do xacemento do Castelo da Rocha Forte.

Leer más
Compartir: