TURISMO

Santiago recibe en Fitur o Premio Sicted polo 20 aniversario da súa adhesión

20/01/2022

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo recolleu este xoves en FITUR o diploma que acredita os 20 anos da adhesión de Turismo de Santiago ao Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos. O acto contou coa presenza de Fernando Valdés, secretario de Estado de Turismo, e Alfonso Rodríguez Badal, presidente da Comisión de Turismo da Federación Española de Municipios e Provincias.

Leer más

DEPORTES

O Multiúsos do Sar acolle esta fin de semana o arranque da Liga Nacional infantil de Karate coa participación de case 700 nenos e nenas de toda a xeografía española

20/01/2022

A concelleira de Deportes e Benestar Animal, Esther Pedrosa, acompañada do presidente da Federación Galega, Óscar de la Fuente, e o presidente da Federación Española de Karate, Antonio Moreno, presentaron a Liga Nacional de Karate, cuxa primeira fase se desenvolverá no Multiúsos Fontes do Sar o 22 e 23 de xaneiro. 648 nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, pertencentes a 18 federacións autonómicas competirán polos títulos nas diferentes categorías.

Leer más
Compartir: