XUNTA DE GOBERNO

O Concello de Santiago estima en 38.000 euros mensuais o sobrecusto no servizo de limpeza dos centros escolares por mor da COVID-19

14/09/2020

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria, deu conta do informe interno no que se detalla ese gasto extra, así coma doutro informe, neste caso elaborado pola Deputación da Coruña a petición de varios concellos – o de Santiago de Compostela entre eles – no que se conclúe que debe ser a Xunta a que compense ás administración locais polo custo do servizo de desinfección nos centros educativos de titularidade autonómica. O concelleiro secretario do Xunta de Goberno, Sindo Guinarte, informou en rolda de prensa dos asuntos...

Leer más

CONSORCIO

O 28 de setembro remata o prazo para solicitar as axudas do Consorcio para a adecuación dos locais comerciais da cidade histórica

14/09/2020

O Consorcio de Santiago vai destinar 120.000 euros á adecuación dos locais comerciais da cidade histórica compostelá como apoio á recuperación económica trala COVID-19. Os interesados en beneficiarse desta convocatoria de axudas deberán presentar as solicitudes e a documentación requirida no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da Rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo remata o vindeiro 28 de setembro.

Leer más
Compartir: