POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

Youtubeir@s publica as bases da edición de 2020

01/05/2020

As persoas interesadas en participar na convocatoria de Youtubeir@s 2020 xa poden descargar as bases da web do certame e ir presentando os seus traballos a través da plataforma de vídeos de YouTube. As entidades organizadoras do proxecto, entre as que se atopa o Concello de Santiago de Compostela, a través do Departamento de Lingua, acordaron facelas públicas para facilitar a participación. Deste xeito, a vitalidade creativa que se está amosando durante o período de...

Leer más

FESTAS

O concerto de Bad Religion no Multiúsos do Sar aprázase ao 14 de maio de 2021

01/05/2020

Debido á situación actual polo COVID-19, o concerto de Bad Religion previsto para o 30 de maio queda aprazado para o venres 14 de maio de 2021. Todas as entradas adquiridas para a xira deste ano serán totalmente válidas para as datas axendadas para o vindeiro ano, pero aquelas persoas que queiran o reembolso da entrada poden escribir un correo electrónico a info@entradasatualcance.com ou dirixirse ao punto de venda físico no que a compraran.

Leer más
Compartir: