ALCALDÍA

Os ministros de Turismo e de Cultura garanten o compromiso do Goberno español co Ano Santo 2021 e coa convocatoria do Real Padroado neste 2020

05/03/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá en Madrid tres xuntanzas ministeriais, unha coa ministra de Industria, Reyes Maroto; outra co titular de Cultura, José Manuel Rodríguez Uribes; e unha terceira coa subsecretaria de Facenda, María del Pilar Paneque. Nestas reunións, o rexedor estivo acompañado polo edil de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo e Delegado do Ano Santo 2021, Sindo Guinarte, e pola concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural,...

Leer más

MOBILIDADE

Os usuarios/as do transporte urbano recibirán esta vindeira semana un exemplar de balde de "Follas Novas", de Rosalía de Castro

05/03/2020

O concelleiro de Mobilidade, Gonzalo Muíños, acompañado do xerente de Tussa, José Ramón Mosquera, asistiron este xoves ao encontro "As precursoras", organizado por La Voz de Galicia, no que se presentou unha reedición do libro de Rosalía de Castro Follas novas, que se repartirá entre os usuarios do transporte público de Santiago durante a vindeira semana, no marco da conmemoración do Día Internacional das Mulleres. O acto celebrouse nas instalacións centrais de La Voz de Galicia no...

Leer más

DEPORTE E PATRIMONIO

A proba nocturna "SantYaGo10K" formará parte un ano máis do Circuíto de Carreiras "Cidades Patrimonio da Humanidade"

05/03/2020

Este xoves presentouse en Salamanca o III Circuíto de Carreiras Cidades Patrimonio da Humanidade, actividade que organiza o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, en colaboración con EDP e Paradores. As carreiras que integran este calendario atlético terán lugar ao longo de 2020 e transcorrerán total ou parcialmente na zona patrimonial de cada unha das 15 españolas rexistradas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. O Circuíto chegará a Compostela o sábado 2 de maio, coa celebración da proba...

Leer más
Compartir: