SAÚDE

INFORMACIÓN RELATIVA Á ENFERMIDADE POLO NOVO CORONAVIRUS (COVID-19)

11/03/2020

Dende este espazo poderá accederse á información do Ministerio de Sanidade e da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia respecto á situación actual da enfermidade polo coronavirus, COVID-19. Do mesmo xeito, aquí poderá consultarse os diferentes avisos e recomendacións nesta materia emitidas polo Concello de Santiago.

Leer más

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Protección Civil de Santiago recibiu case 2.000 chamadas en 2019

11/03/2020

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, presentou a memoria de actividades do 2019 da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela. Na rolda estivo acompañado da súa responsable, Begoña del Río, quen deu conta tamén do 24 aniversario da Agrupación neste mes de marzo.

Leer más

DEPORTES

Aprazado o Torneo Viravolta-Jael de Ximnasia Rítmica

11/03/2020

A organización do VII Torneo Viravolta-Jael de Ximnasia Rítmica, que se ía celebrar en Compostela o próximo 21 de marzo, decidiu aprazar a súa celebración, seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias e deportivas en relación coa contención do coronavirus. En función da evolución das circunstancias sanitarias e dos calendarios deportivos, o club buscará unha nova data para levar a cabo a cita, que se ía presentar este mércores nunha rolda de prensa en Raxoi.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A segunda xornada do Festival Atlántica enche de contos os centros socioculturais de Santiago

11/03/2020

No seu segundo día de actividade, o Festival Atlántica vai desenvolver a súa programación nas sedes de Ferrol, Ourense, Vigo e Teo, amais dos espectáculos de Santiago. Así, está previsto que este xoves, 12 de marzo, os/as protagonistas do día sexan os centros socioculturais, con catro funcións nas que participarán seis artistas do Festival, todas elas gratuítas ata completar o aforo.

Leer más

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Reunión en Raxoi sobre a comarcalización do Parque de Bombeiros

11/03/2020

O Pazo de Raxoi acolleu este mércores unha reunión na que participaron o concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello de Santiago, Gonzalo Muíños; os alcaldes de Ames, José Manuel Miñones; de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; de Brión, José Luis García; de Teo, Rafael Sisto; de Vedra, Carlos Martínez Carrillo; así como outros representantes dos muncipios de Val do Dubra e Ames. Na axenda, un único punto: a comarcalización do Parque de Bombeiros. O Goberno local aposta...

Leer más
Compartir: