POLÍTICAS SOCIAIS

Área Central acolle unha nova edición do mercadiño solidario "Trócame-Roque"

20/05/2019

A rede comunitaria de Fontiñas vén organizando dende o 2013 o mercadiño solidario Trócame-Roque, que este ano celebra a súa sétima edición cunha xornada chea de actividades durante a tarde do venres 24 de maio no Centro Comercial Área Central. A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta dos detalles deste mercado acompañada de representantes dos colectivos implicados: Lola Sanz, orientadora do IES Antonio Fraguas; Rocío Ovalle,...

Leer más

CENTROS CÍVICOS

Os centros cívicos celebran o Día Internacional do Xogo

20/05/2019

A rede de Centros Cívicos vai celebrar o Día Internacional do Xogo, que se conmemora o 28 de maio, cun amplo programa de actividades que se desenvolverán entre os días 24 e 31. A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, deu conta hoxe da programación, coa que "queremos lembrar que xogar é un dereito recollido na Convención dos Dereitos da Infancia aprobada polas Nacións Unidas hai xa 30 anos, un dereito co que o Concello de Santiago está plenamente...

Leer más

DEPORTE

Compostela recupera a súa Volta Ciclista da Ascensión

20/05/2019

As rúas de Compostela acollerán o vindeiro xoves 30 de maio a XIX edición da Volta da Ascensión, unha proba clásica do calendario ciclista galego que volve este ano á cidade nestas datas festivas. Comezará ás 15:30 horas, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I.

Leer más

CONSORCIO

Santiago participa nun proxecto europeo destinado a crear un modelo de gobernanza e sostibilidade común para as Cidades Patrimonio da Área Atlántica

20/05/2019

O Consorcio de Santiago participa no proxecto europeo AtlaS-WH, integrado no programa Interreg Atlantic Area do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Céntrase na sostibilidade das Cidades Patrimonio da Humanidade incluídas na Área Atlántica e arrancaba a finais de 2017. Nesta iniciativa, liderada pola cidade portuguesa de Porto, participan tamén como socios as cidades de Santiago, Burdeos e Edimburgo, aos que acompaña ademais Florencia pola súa experiencia na xestión de sitios Patrimonio Mundial. Esta semana vaise...

Leer más

CONSORCIO

O músico franco-alemán Nicolas Altstaedt dirixe a Real Filharmonía de Galicia, coa que tamén interpretará o "Concerto para violonchelo nº 1" de Shostakóvich

20/05/2019

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o seu concerto semanal de abono o xoves 23, ás 20:30 horas, no Auditorio de Galicia. O venres 24, a orquestra tocará en Lugo, no Círculo das Artes da cidade, tamén ás 20:30 horas, concerto co que se inaugurará a XLVII Semana de Música do Corpus. A batuta levaraa o mestre franco-alemán Nicolas Altstaedt, que ademais interpretará a Shostakóvich ao violonchelo.

Leer más
Compartir: