ALCALDÍA

O Concello inicia a busca de solucións innovadoras para as futuras licitacións en mobilidade, xestión de residuos e alumeado

21/11/2019

O Hostal dos Reis Católicos acolle este xoves a Xornada de presentación do lanzamento da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto Smartiago. Esta Consulta Preliminar ten o obxectivo de recompilar a información necesaria en canto a solucións innovadoras para preparar os futuros pregos de licitación nos tres ámbitos que comprende o proxecto: mobilidade, xestión de residuos e limpeza viaria e alumeado ornamental. O Smartiago, co que o Concello captou 6.180.000 € (dos que un 80% serán aportados polo Fondo Europeo de...

Leer más

EDUCACIÓN

Inaugurado o simposio "O libro e a lectura"

21/11/2019

A concelleira de Educación, Noa Díaz, asisitiu á inauguración do simposio O libro e a lectura, da Asociación Galega de Editoras, que se celebra este xoves e mañá venres no auditorio do Consello da Cultura Galega. "O libro educativo na era dixital" é o tema desta edición do encontro, que reune diferentes expertos e promotores da edición de libro educativo coa finalidade de ofrecer formación sobre a actualidade ao sector e ao público en xeral. No acto inaugural tamén participaron a...

Leer más

EDUCACIÓN

Educación adquirirá novo equipamento para as escolas infantís de Conxo e das Fontiñas

21/11/2019

A Concellaría de Educación vén de recibir unha subvención de 12.117,36 euros da Xunta de Galicia para mellorar as infraestruturas e equipamentos das escolas infantís de Conxo e das Fontiñas. Esta axuda pública, que ascende a 12.117,36 está cofinanciada polo Goberno autonómico e, nun 80% (9.693,89 €), polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Leer más
Compartir: