ALCALDÍA

Asinado o convenio de cesión da parcela para a futura residencia de maiores de Fontiñas

17/09/2018

O alcalde e o conselleiro de Política Social asinaron este luns o acordo polo que o Concello de Santiago lle cede ao departamento autonómico unha parcela para a construción dunha residencia para persoas maiores no barrio de Fontiñas. Martiño Noriega e José Manuel Rey Varela salientaron o clima de colaboración institucional que "permitiu axilizar esta sinatura despois de meses de traballos técnicos".

Leer más

ALCALDÍA

Santiago celebra a semana do Alzheimer cun congreso internacional de investigación e innovación

17/09/2018

O VI Congreso de Investigación e Innovación en Enfermidades Neurodexenerativas (CIIIEN), organizado pola Fundación Reina Sofía, Fundación CEN (Fundación Centro de Investigación en Enfermidades Neurolóxicas) e CIBERNED (Centro de Investigación Biomédica en Rede de Enfermidades Neurodexenerativas), reunirá esta semana en Santiago de Compostela a destacados investigadores nacionais e internacionais para poñer en común os principais avances no tratamento do Alzheimer, Parkinson e Huntington.

Leer más

CONVIVENCIA

Comezan as probas para a cobertura de seis prazas de Policía Local

17/09/2018

O Concello de Santiago iniciou este luns as probas selectivas para a contratación de seis policías locais mediante un proceso de oposición libre. O primeiro exame, de aptitude física, celébrase durante os días 17 e 18 de setembro mas instalacións da pista de atletismo da USC.

Leer más
Compartir: