XUNTA DE GOBERNO

O Goberno insta a Viaqua e a Augas de Galicia a acometer obras nos puntos negros das inundacións

08/09/2017

A Xunta de Goberno acordou este venres requirir a Viaqua e a Augas de Galicia que acometan obras de mellora nalgúns dos considerados puntos negros en caso de inundacións. Ao tempo, o Executivo local instará á Urbaser, a empresa concesionaria da recollida do lixo, a implantar novos modelos de actuación no Polígono do Tambre, e recomendaralle á Asociación Empresarial do Tambre que adopte medidas para a xestión controlada das embalaxes.

Leer más

POLÍTICAS SOCIAIS

Oito países estarán representados este domingo no II Festival Intercultural

08/09/2017

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou o II Festival Intercultural, que se celebrará este domingo 10 de setembro, a partir da 13:00 horas, na Alameda. Xunto coa concelleira estiveron na rolda de prensa o presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández e a representante do Colectivo Paraguay, Nidia Aquino.

Leer más

ALCALDÍA

Martiño Noriega entrega a partitura de "O Carro" a Baldomero Iglesias

08/09/2017

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, entregou a partitura musical do poema de Manuel María "O Carro", a Baldomero Iglesias, "Mero", primeira persoa en poñerlle música a esta composición do poeta chairego. No acto estiveron representantes tanto dos grupos municipais como do mundo da cultura.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A II edición do festival HerDanza incide na reflexión creativa a través de obradoiros formativos e conversas con artistas

08/09/2017

As compañías compostelás de danza Can Cun Quinqué, Cisma e La Incidente DT poñen en marcha a segunda edición do festival herDanza, unha iniciativa que desenvolven coa colaboración do Concello de Santiago, o Auditorio de Galicia, a USC e o Museo do Pobo Galego, e na que contan co apoio doutros axentes culturais da cidade, como Numax e a SaLa Montiel.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello pon en marcha un plan de emprego xuvenil que beneficiará a máis de 300 mozos e mozas

08/09/2017

A Xunta de Goberno aprobou este venres as bases e o procedemento para a selección das persoas participantes no Plan Xuvenil de Integración Profesional Mocidade con Emprego. Trátase dun programa que se vai desenvolver no período 2017-2020, e que ten como obxectivo mellorar a empregabilidade da mocidade de Santiago, a través da creación de itinerarios formativos profesionais.

Leer más
Compartir: