MERCADOS

O Concello participa na campaña "Quere o teu mercado" coa conferencia "Sen conservantes nin colorantes"

15/05/2017

Gemma Sesar e Joaquín González Dorao, autora e ilustrador da Guía Ilustrada da Praza de Santiago de Compostela, serán os protagonistas do acto central da celebración da campaña Quere o teu mercado en Santiago de Compostela, coa conferencia que impartirán o venres 26 de maio da Aula Gastronómica da Praza de Abastos. A autora compartirá coas persoas asistentes as súas lembranzas e vivencias como asidua usuaria da praza dende a súa nenez, mentres Joaquín González elaborará en...

Leer más

DEPORTE

A praza do Obradoiro acollerá a I Carreira de Obstáculos pola Integración

15/05/2017

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá no Pazo de Raxoi a I Carreira de Obstáculos pola Integración, que se celebrará na praza do Obradoiro o domingo 4 de xuño. Na rolda estivo acompañada polo director territorial de Caixabank en Santiago, Antonio Lema, e pola presidenta da Fundación Abrente, Carmen Touza.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece concertos en Santiago e Ourense para conmemorar o Día das Letras Galegas

15/05/2017

A Real Filharmonía de Galicia vai ofrecer dous concertos esta semana para conmemorar o Día das Letras Galegas. O primeiro terá lugar este martes no Auditorio Municipal de Ourense, ás 20:30 horas. E o xoves 18, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, tamén ás 20:30 horas. En ámbalas dúas actuacións, gratuítas e promovidas polo Consello da Cultura Galega, levará a batuta o director asociado da RFG, o mestre compostelán Maximino Zumalave; e contarase coas voces do Coro Xove da Orquestra...

Leer más

ALCALDÍA E ESPAZOS CIDADÁNS

Arquivada a causa aberta a Jorge Duarte en relación aos expedientes a varios locais de hostalería

15/05/2017

A xuíza encargada das dilixencias abertas ao concelleiro Jorge Duarte polo caso dos expedientes abertos a varios locais de hostalería notificou esta mañá o arquivo da causa, ao entender que o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade non cometeu delito de prevaricación. O alcalde e Jorge Duarte informaron da decisión xudicial nunha rolda de prensa na que mostraron a súa satisfacción porque "o auto ratifique o que o Goberno defendeu ao longo de todos estes meses: que só actuou buscando a...

Leer más
Compartir: