MEDIO AMBIENTE

A comisión de seguimento para a construción da EDAR reunirase o 21 de febreiro

02/02/2017

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, anunciou hoxe que a reunión da comisión de seguimento para a construción da nova estación depuradora de augas residuais celebrarase o 21 de febreiro, coa participación de representantes do Concello, a Xunta, o Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente e Acuaes. Nesa reunión analizarase a situación actual na que se atopa a tramitación desta infraestrutura e empezarase a revisar o convenio acordado no seu día entre as distintas administracións implicadas na...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Nace "Compostela é Música", un censo online dos grupos e músicos profesionais de Santiago

02/02/2017

O alcalde presentou hoxe Compostela é Música, un proxecto impulsado pola sección local da asociación Músicos ao Vivo e que conta co apoio do Concello de Santiago. Martiño Noriega estivo acompañado por tres dos membros dese colectivo: Nastasia Zürcher, Xabier Mera e Xacobe Martínez Antelo. Compostela é Música será unha plataforma online que pretende cartografar a escena musical da capital galega. O obxectivo é crear un censo oficial, público e actualizado, que poderá ser...

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Marta Bran inaugura este venres na Zona "C" o proxecto "Once Upon a Time"

02/02/2017

A artista Marta Bran (Melide, 1986) presenta este venres 3 de febreiro, ás 20:00 horas, na Zona "C", o proxecto Once Upon a Time acompañada, no acto inaugural, pola concelleira Marta Lois. A intervención, con entrada libre, poderá verse ata o vindeiro 2 de abril en horario de martes a sábado de 16:00 a 20:00 e domingos de 14:00 a 19:00 horas (luns pechado).

Leer más
Compartir: