ACCIÓN CULTURAL

O XXI Ciclo Lied explorará ‘A beleza da melancolía’ con tres concertos no Teatro Principal

15/09/2020

O Ciclo Lied, organizado polo Concello de Santiago coa dirección da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela e co apoio da Deputación da Coruña, celebra neste 2020 a súa vixésima primeira edición. Baixo o título A beleza da melancolía, o programa deste ano trazará un percorrido pola estreita relación que se establece no xénero entre a poesía e a música, así como as emocións que se debullan nestas composicións de carácter intimista e evocador....

Leer más
Compartir: