ALCALDÍA

O Concello e a Xunta preparan a posta en marcha da nova estación de autobuses intermodal

02/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron este martes unha xuntanza cos responsables da empresa municipal Tussa para abordar a xestión da nova estación de autobuses da intermodal de Santiago. Na reunión tamén participaron os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón; e de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; o director municipal da Área de Urbanismo, Ignacio Cerrada; e o director xeral de Mobilidade da Xunta, Ignacio...

Leer más

BENESTAR ANIMAL

O Refuxio de Animais abrirá ao público o 21 de xuño

02/06/2020

A concelleira de Benestar Animal, Esther Pedrosa e a directora do Refuxio de Animais de Bando, Olalla García, explicaron en rolda de prensa o plan de desescalada desta instalación municipal. A partir do 21 de xuño, o Refuxio abrirá ao público nos horarios habituais.

Leer más

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O Apego retoma este xoves as actividades presenciais con novas propostas para os/as máis pequenos/as

02/06/2020

As tardes do Espazo Apego acollen durante este mes de xuño nunha contorna segura actividades relacionadas coa crianza en galego: charlas, obradoiros, contos, música, xogos… Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal.

Leer más

TURISMO, URBANISMO E SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello de Santiago e a Asociación Hostalería Compostela analizan como se está desenvolvendo o proceso de desescalada

02/06/2020

Os concelleiros de Urbanismo, Mercedes Rosón; de Turismo, Sindo Guinarte; e de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; reuníronse con responsables da Asociación Hostalería Compostela. Foi unha xuntanza de seguimento, na que tanto o Concello de Santiago como a entidade valoraron positivamente como se está desenvolvendo o proceso de desescalada no sector hostaleiro e de restauración, e como os establecementos están, segundo explicou Sindo Guinarte, "recuperando progresivamente a normalidade que os límites de...

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde participa o xoves no webinario "Selo comercio de confianza", dirixido aos establecementos comerciais

02/06/2020

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, participará na presentación do webinario informativo "Selo comercio de confianza. Transmitir seguridade para gañar confianza", que se desenvolverá este xoves, 4 de xuño, de 19:00 a 20:00 horas, vía telemática. A xornada está dirixida aos establecementos comerciais e nela, a secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Rosa Mary Cardeso; e o secretario xeral accidental, Fernando Pérez, explicarán a funcionalidade desta distinción, a quen vai...

Leer más
Compartir: