PARQUES E XARDÍNS

Parques e Xardíns renova a certificación EMAS, que recoñece a xestión ambiental do Concello

11/06/2020

O Departamento de Parques e Xardíns do Concello de Santiago de Compostela renovou, un ano máis, a declaración ambiental positiva conforme aos requisitos do regulamento de certificación EMAS, un dos máis esixentes a nivel mundial. Este sistema promove a mellora continua do comportamento ambiental, a súa avaliación sistemática, periódica e obxectiva, a información ao público e ás partes interesadas e a formación e a implicación activa dos traballadores e traballadoras. Segundo explicou a...

Leer más

MEDIO RURAL E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Seis centros socioculturais do rural ofrecerán actividades de conciliación durante o mes de xullo

11/06/2020

O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, e a técnica responsable dos centros socioculturais do Rural, María Pose, presentaron este xoves Verán no rural, o programa de conciliación que se desenvolverá durante o mes de xullo en seis centros socioculturais do rural compostelán. Mañá venres abre o prazo de preinscrición, que ten como data límite o venres 19 de xuño. A participación nas actividades é de balde.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A Alameda acolle a XXXIX Feira do Libro de Santiago do 13 ao 21 de xuño

11/06/2020

O paseo central da Alameda acollerá dende este vindeiro sábado 13 de xuño e ata o domingo 21 de xuño a XXXIX Feira do Libro de Santiago de Compostela, organizada pola Federación de Librarías de Galicia. O Concello colabora un ano máis coa Feira, que estará aberta no paseo central da Alameda en horario de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00 horas.

Leer más

MEDIO RURAL

O Concello destina máis de 700.000 euros do Plan Único da Deputación á rehabilitación da ponte de Vidán e ao acondicionamento da contorna do CSC da Gracia

11/06/2020

A Concellaría de Medio Rural vai acometer dúas importantes obras en parroquias compostelás con cargo a financiamento do Plan Único da Deputación da Coruña: a rehabilitación e consolidación da ponte de Vidán e o acondicionamento do Centro Sociocultural da Gracia e da súa contorna. Ambas intervencións, agora en fase de licitación, suman un investimento de 733.605,10 euros.

Leer más
Compartir: