POLÍTICAS SOCIAIS

Compostela súmase este sábado á conmemoración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas cun acto na praza de Cervantes

19/06/2020

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, deu conta do acto que se celebrará mañá sábado, 20 de xuño, para conmemorar a celebración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. O acto está organizado pola Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, en nome da cal participou Miguel Fernández na rolda de prensa. Será ás 12:00 horas na praza de Cervantes.

Leer más

ALCALDÍA E PARQUES E XARDÍNS

Parques infantís e biosaudables e pistas deportivas ao aire libre, abertos dende este sábado

19/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns, anunciaron a apertura, a partir das 10:00 horas de mañá sábado dos parques infantís, parques biosaudables e pistas polideportivas ao aire libre do municipio. En total son 162 instalacións ás que abrirán para recibir a pequenos/as e maiores despois de varios meses pechadas.

Leer más

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo agarda que toda a améndoa histórica dispoña na Semana Santa de 2021 dunha "rede de datos de calidade"

19/06/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción pola activación do primeiro plan de despregamento de fibra en todo o casco histórico grazas á colaboración entre Concello e Xunta. Fíxoo durante a súa rolda de prensa dos venres, na que se referiu tamén a outros temas de actualidade como as máis de 1.000 entrevistas solicitadas aos puntos de información do Ingreso Mínimo Vital ou a recuperación progresiva dalgúns indicadores na cidade unha vez entrada a...

Leer más

SAÚDE

O Concello iluminarase de verde polo Día Mundial da ELA

19/06/2020

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España súmase á campaña #LuzporlaELA e as fachadas dos concellos, monumentos, edificios emblemáticos e diferentes espazos das 15 cidades monumentais iluminaranse de verde con motivo do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), que se conmemora o próximo domingo 21 de xuño. O Pazo de Raxoi iluminarase de verde o sábado e o domingo.

Leer más
Compartir: