ALCALDÍA E ACCIÓN CULTURAL

Curtocircuíto presenta a súa edición máis atrevida con 57 filmes a competición

19/09/2019

Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine celebrará entre os próximos 28 de setembro e 6 de outubro a súa 16ª edición, e faino mantendo a súa aposta por traer a Galicia grandes nomes ao lado de novas figuras do cinema e a cultura visual contemporáneas, nun programa sempre comprometido coa calidade artística, as últimas tendencias cinematográficas, a interdisciplinariedade e sempre mantendo ese carácter gamberro pero rigoroso. Ás proxeccións súmanselle tamén...

Leer más

FACENDA

Aprobado definitivamente o orzamento municipal para o exercicio 2019

19/09/2019

Este xoves, o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica o anuncio da aprobación definitiva do orzamento e do cadro de persoal para o exercicio 2019. Ao retirarse a única alegación presentada, xa poden entrar en vigor estas contas, por importe de 109.876.024,97 euros, ás que, sumadas as do Auditorio, Tussa e Incolsa, deixan un orzamento consolidado final de 113.229.022,02 euros.

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

Entregadas as hortas urbanas de Belvís de Abaixo

19/09/2019

As 26 hortas urbanas municipais de Belvís de Abaixo foron entregadas este mércores nun acto celebrado no Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Compostela (CIPX). O sorteo e adxudicación das hortas estivo presidido pola comisión avaliadora das solicitudes, formada pola concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro; o xefe do Departamento de Parques e Xardíns, Gregorio López; e o xefe do Departamento de Medio Ambiente, Ángel Pérez. Tamén estivo presente persoal de Ferrovial Servicios, a empresa...

Leer más

ALCALDÍA E MOBILIDADE

Mostra de vehículos a gas comprimido na Alameda

19/09/2019

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugurou este xoves na Alameda a exposición de vehículos a gas natural comprimido, organizada pola empresa Nedgia, dentro das actividades programadas polo Concello de Santiago con motivo da Semana Europea da Mobilidade. No acto tamén participaron os concelleiros de Mobilidade, Gonzalo Muíños, e de Medio Ambiente, Mila Castro.

Leer más

XUNTANZA

Reunión da comisión de coordinación de Concello e USC para abordar a humanización do Campus

19/09/2019

Esta tarde reuniuse no Pazo de Raxoi a comisión de coordinación Concello-Universidade. No encontro participaron os concelleiros de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón; de Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e de Barrios e Obras, Javier Fernández. Por parte da USC estaba o xerente, Xabier Ferreira, e dous representantes universitarios.

Leer más
Compartir: