XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno desbota os recursos interpostos contra a revogación das licenzas de actividade na canteira de Miramontes

08/02/2019

A Xunta de Goberno acordou hoxe rexeitar os recursos de reposición interpostos pola asociación ambiental ADIANTIUM e a empresa Tecnosolos Galaicos contra os acordos adoptados polo Executivo para revogar a licenza de obras e de actividade da canteira de Miramontes, na parroquia da Grixoa. Tal e como explicou a tenenta de alcalde, María Rozas, o Concello ten feitos varios requirimentos á Xunta de Galicia para que achegue informes medioambientais, que aínda non foron facilitados.

Leer más

MEDIO RURAL E ESPAZOS CIDADÁNS

Plan para dotar de servizos os núcleos periurbanos inedificables por falta de saneamento e abastecemento

08/02/2019

O Concello de Santiago debe investir máis de 3,6 millóns de euros para estender as redes de abastecemento e saneamento aos solos periurbanos nos que contar con estes servizos é esixible para a edificación das parcelas. Así se recolle no estudo-diagnóstico sobre a situación actual dos solos de núcleos rurais do PXOM, que hoxe presentaron os concelleiros de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte; e Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña. Os edís...

Leer más

TURISMO

Compostela promociónase en Alemaña e Bélxica

08/02/2019

As Cidades Patrimonio da Humanidade promocionan a oferta cultural e patrimonial dos seus 15 destinos na feira internacional de turismo Reisen Hamburg, que se celebra na cidade alemá de Hamburgo, e no Salon des Vacances de Bruxelas (Bélxica).

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Rexeitado o recurso contra a adxudicación do gran contrato de mantemento

08/02/2019

A Xunta de Goberno deu conta hoxe da resolución do Tribunal Administrativo da Contratación Pública de Galicia, que vén de rexeitar o recurso que tiña presentado unha empresa contra a adxudicación do contrato de mantemento da rede viaria e das beirarrúas. O TACGal dalle a razón ao Concello, que hoxe mesmo asinou xa o contrato para poder iniciar as actuacións.

Leer más
Compartir: