CONSORCIO

O pianista coreano Kun-Woo Paik toca esta semana coa Real Filharmonía o "Concerto para piano" de Ravel

04/02/2019

A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana tres concertos. O primeiro será o mércores 6 no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:00 horas, dentro da temporada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación. O xoves 7, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas, no marco da súa temporada de abono. E o venres 8 repetirase parte da actuación para o público infantil e familiar dentro do ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!, que...

Leer más

TURISMO

Compostela promociónase esta semana en Escocia

04/02/2019

A concelleira de igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participa esta semana en diversos actos en Edimburgo (Escocia) para promocionar Santiago no mercado escocés. A xuntanza enmárcase dentro das actividades de promoción que realiza o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España(GCPHE).

Leer más

SAÚDE

O Consello Municipal de Saúde demanda un novo plan de mellora da atención primaria e amosa o seu apoio á sanidade pública

04/02/2019

As persoas integrantes do Consello Municipal de Saúde ofreceron hoxe unha rolda de prensa para dar conta da declaración aprobada polo organismo na xuntanza do pasado martes. Na comparecencia participaron a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández; os representantes de PSOE e BNG no organismo, Mila Castro e Rubén Cela, respectivamente; Ramón Ramos, da Asociación Galega de Saúde Mental; José María Dios, da plataforma SOS Sanidade Pública; María...

Leer más
Compartir: