COMERCIO

A campaña "12 comercios, 12 sensibilidades" amosa nunha mesa redonda a vida das persoas con esclerose múltiple ou parkinson

22/04/2024

O Centro Deportivo Atmósfera Sport acollerá mañá unha mesa redonda para dar a coñecer a realidade das persoas con esclerose múltiple ou parkinson, no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades", coa que colabora o Concello a través do departamento de Comercio. Este mes, a iniciativa está protagonizada pola tenda de deportes, que visibiliza o labor de ACEM, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurodexenerativas.

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A Concellaría de Centros Socioculturais súmase ao Día da Danza coas xornadas "Bailando a vida"

22/04/2024

O Centro Sociocultural do Romaño acollerá os días 4 e 5 de maio as xornadas "Bailando a vida", organizadas pola concellaría de Centros Socioculturais para celebrar o Día da Danza. Mañá abre o prazo de inscrición para participar na actividade, que tén como obxectivo achegar esta disciplina de maneira activa e inclusiva a calquera persoa, a marxe da súa idade ou condición física.

Ler máis

ALCALDÍA

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

19/04/2024

A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e de chegada de visitantes". Goretti Sanmartín tamén reiterou a necesidade da creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Santiago nunha rolda de prensa que tivo lugar esta mañá no Pazo de Raxoi.

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

Adxudicado o novo contrato do SAF, con máis horas de servizo, melloras na atención ás persoas usuarias e compromiso cos dereitos laborais das traballadoras

19/04/2024

A Xunta de Goberno vén de adxudicar, nunha sesión extraordinaria, a xestión do Servizo de Axuda no Fogar á UTE SIAD24-Asistenzia Santiago. O prezo do contrato, de dous anos de duración, será de 12,7 millóns de euros, a totalidade do orzamento previsto na licitación. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, mostrou o seu desexo de que "con esta adxudicación vexamos un antes e un despois no SAF, e consigamos os obxectivos que tiñamos fixados na licitación de mellorar a atención...

Ler máis

CAPITAL CULTURAL

O Concello súmase á celebración do 25 de abril homenaxeando o cantautor luso Zeca Afonso

19/04/2024

Conmemorando os 50 anos da "Revolução dos Cravos" a praza de música acollerá o vindeiro xoves 25 de abril ás 18:30 horas un acto popular aberto a toda a cidadanía para cantar colectivamente a 'Grândola Vila Morena’ de Zeca Afonso, intepretada por primeira vez polo autor no mesmo lugar en 1972. A celebración continuará ás 20:30 horas no Teatro Principal co concerto ‘50 anos de abril’ no que artistas galegos e lusófonos interpretarán varias pezas do cantautor portugues neste evento promovido por...

Ler máis

XUVENTUDE

A Concellaría de Xuventude leva de novo aos centros educativos o programa de atención á saúde mental dos menores

18/04/2024

A Concellaría de Xuventude pón en marcha un novo programa de atención á saúde mental dos menores, que se desenvolverá nos centros educativos de Santiago en colaboración coa Asociación Itínera. A responsable do departamento, María Rozas, explicou que o obxectivo é "darlle continuidade ao traballo iniciado o ano pasado para informar sobre os trastornos mentais máis frecuentes, evitar os estigmas e previr as condutas de risco entre a poboación máis nova". A concelleira presentou as...

Ler máis
Compartir: