LINGUA
Os centros escolares de Compostela inauguran os obradoiros da oitava edición do certame Enreguéifate
Esta semana deu comezo a primeira acción formativa da oitava edición do Enreguéifate que se desenvolveu no CEIP de Vite. Serán un total de once colexios e institutos do municipio compostelán os que acollerán a vintena de obradoiros que se desenvolverán entre o 4 e o 18 de novembro, da man das formadoras Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, Nuria das Cruces, O Rabelo e Xairo de Herbón.
CAPITAL CULTURAL
Cineuropa 38, olladas á liberdade dende a pantalla de cinema
Do 7 ao 24 de novembro, Cineuropa programa máis de 130 filmes alén de concertos, debates, encontros con cineastas e actividades formativas nunha edición que leva por lema ‘O corazón do cinema é a liberdade’. O cineasta ferrolán Alberto Gracia, a actriz hispano-sueca Ingrid García-Jonsson e a realizadora brasileira Flávia Castro recibirán o máximo galardón do festival nesta edición. A directora, guionista e actriz Sonia Méndez, a documentalista Flávia Castro e a xornalista e programadora...
PLENO
Retransmisión do Pleno ordinario do 4 de novembro
9.15 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
PLENO
Aprobadas por unanimidade tres declaracións institucionais polas vítimas da DINA, en adhesión ás reivindicacións do 25N e en condena do asasinato homófobo de Samuel Luíz
O Pleno da Corporación Municipal aprobou esta mañá dúas declaracións institucionais na que todos os grupos municipais de forma conxunta se suman ás reinvindicacións contra a violencia machista con motivo do 25N e reteiran a súa condena ao asasinato homófobo de Samuel Luíz ocorrido en 2021 e o seu apoio á familia e amizades coincidindo coa celebración do xuízo. Tamén se aprobou de maneira unánime un texto en solidaridade coas vítimas e persoas afectadas pola DINA nas comunidades de...
CONVIVENCIA
Santiago envía cinco bombeiros a Valencia e reparte 35 toneladas de produtos para as zonas afectadas pola DINA
Cinco bombeiros do Servizo Municipal de Extinción de Incendios viaxarán a Valencia, no marco do dispositivo de apoio ás persoas afectadas pola DINA coordinado pola Xunta. Ademais, nos próximos día completarase o envío das 35 toneladas de produtos recollidos nas instalacións de Protección Civil no estadio Vero Boquete de San Lázaro.
PLENO
O Pleno aproba definitivamente a Ordenanza que regula a comunicación dos usos de hospedaxe asimilados a vivenda
No Pleno ordinario do mes de outubro, celebrado hoxe tras o adiamento da sesión prevista para a semana pasada con motivo dos tres días de loito oficial decretados polas víctimas da DANA, aprobouse de xeito definitivo a Ordenanza que regula a comunicación ao Concello de Santiago de Compostela dos usos de hospedaxe asimilados a vivenda, cos votos a favor do grupo de goberno (BNG e CA) e do grupo socialista e o voto en contra do grupo popular. Os grupos municipais tamén aprobaron por unanimidade a creación da Mesa de Hostalaría do Concello e a...
TURISMO
Comeza o período de inscrición para o XVI Santiago(é)Tapas
Os locais de hostalaría que queiran participar no concurso de tapas de Compostela poden anotarse do 4 de novembro ao 8 de xaneiro na web santiagoetapas.gal.
BONOS CORAZÓN
Os Bonos Corazón adiantan a súa chegada: 450.000 euros para incentivar o consumo no comercio e na hostalería locais
Os Bonos Corazón estarán dispoñibles para a súa descarga a partir do 8 novembro, e desde dous días antes, desde o día 6, poderánse adherir ao programa os establecementos de comercio e hostalaría de Santiago. A Xunta de Goberno Local aprobou, nunha sesión extraordinaria, a convocatoria deste 2024, á que se destina un orzamento de 450.000 euros.
O Concello de Santiago recolle alimentos e outro material de primeira necesidade para as persoas afectadas pola DANA
O Concello de Santiago, atendendo á solicitude realizada a través da Federación Española de Municipios e Provincias e en coordinación coa propia FEMP e a Federación Valenciana de Municipios y Provincias, iniciará esta tarde a recollida de produtos de primeira necesidade para o seu envío ás localidades afectadas pola DANA.