TRÁFICO
O radar do Hórreo activarase o 5 de setembro
O concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Luis Bello, anunciou que, a partir do 5 de setembro, estará activo con fins sancionadores o radar fixo instalado no túnel do Hórreo. O dispositivo, que xa está funcionando en probas dende o 9 de maio, detectou nas últimas semanas incrementos nas velocidades medias ao paso polo túnel, o que aconsellou a súa posta en marcha canto antes, unha vez que se teñen as autorizacións e certificacións pertinentes.
CIDADE HISTÓRICA
A revisión do Plan Especial da Cidade Histórica buscará melloras na conservación do patrimonio e na calidade de vida
A revisión do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica será aprobada en Xunta de Goberno o luns 26 de agosto. Iniciaranse así os trámites para a redacción desta modificación, que terá un custo de 452.000 euros, sufragados a partes iguais polo Concello e a Xunta de Galicia.
TURISMO
As pernoctacións creceron un 14,9% en Santiago no mes de xullo
O número de pernoctacións en Santiago rexistrou un crecemento importante durante o mes de xullo, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). A cidade alcanzou as 123.300 pernoctacións, o que representa un crecemento do 14,9% respecto do mes de xullo do 2012. O crecemento apoiouse tanto no aumento no número de pernoctacións domésticas coma de pernoctacións internacionais, que no 2013 continúan alcanzando as mellores cifras da historia na cidade.