CAPITAL CULTURAL

O Festival Internacional Galicreques celebrará entre o 12 e o 20 de outubro a súa 29ª edición con 60 funcións da man dunha trintena de compañías

03/10/2024

O cartel ofrecerá unha quincena de funcións escolares e estreará 12 montaxes, entre as que destaca a obra ‘Lémbrame. Spominaj na mnje', coprodución do Centro Dramático Galego xunto ao Bautzen Theater e a compañía galega Títeres Alakrán. O programa inclúe actuacións de compañías de oito países diferentes (Arxentina, Colombia, Ecuador El Salvador, Francia, Alemaña, España, Portugal). O país luso protagonizará gran parte da programación do domingo 13,...

Leer más

SEGURIDADE E CONVIVENCIA

Santiago acolle esta fin de semana o III Encontro de Unidades Ciclistas Sanitarias

03/10/2024

O Edificio CERSIA acollerá este sábado 5 e domingo 6 de outubro o III Encontro de Unidades Ciclistas Sanitarias, un evento organizado por Protección Civil de Santiago no que participan representantes das unidades de varios países, a Cruz Vermella e o SAMUR. O obxectivo deste encontro é mostrar o traballo que realizan estas unidades, que no caso de Compostela tamén cubre a asistencia aos peregrinos e peregrinas que fan o Camiño.

Leer más

XUVENTUDE

A Concellaría de Xuventude lanza o proxecto "Re-parándonos" para promover a economía circular entre a mocidade

03/10/2024

O Centro Xove da Almáciga acollerá nas próximas semanas un ciclo de obradoiros de reparación de obxectos que teñen como obxectivo promover a economía circular entre a mocidade. Trátase do programa "Re-parándonos", impulsado pola Concellaría de Xuventude no marco do proxecto europeo "The Circular Way to Inclusion", do que Santiago é coordinador. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe as actividades, que...

Leer más

URBANISMO

Aberto desde mañá o prazo de solicitude de axudas para a rehabilitación de vivendas nos barrios de Pontepedriña, Vite e Vista Alegre e na cidade histórica

02/10/2024

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, 2 de outubro, dúas convocatorias de axudas para a rehabilitación de edificios, lanzadas polo Concello de Santiago no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e con financiamento dos fondos europeos NextGenerationEU. Ambas liñas de subvencións suman unha contía total de 4.269.600 euros: 2.186.400 euros para a rehabilitación da vivenda construída no século XX nos barrios de Pontepedriña, Vite e Vista Alegre e 2.083.200 euros para...

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local de Santiago participa nun curso sobre seguridade no uso do efectivo

02/10/2024

Unha trintena de axentes da Policía Local de Santiago participaron en dúas sesións formativas presenciais impartidas polo persoal do Banco de España en Galicia baixo o título "As formas de pagamento e depósitos de valor que sexan percibidos polos cidadáns como seguro fronte á ciberdelincuencia, a fraude e a falsificación". Neste curso tratáronse temas de interese para os e as axentes no seu labor de atención cidadá e loita contra a delincuencia, como os elementos de seguridade de billetes e moedas ou...

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

As ONGDs poderán solicitar desde mañá as subvencións de cooperación ao desenvolvemento para proxectos en países empobrecidos

02/10/2024

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións de cooperación ao desenvolvemento que concede a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais. As solicitudes poden presentarse nun prazo de 20 días hábiles, contados a partir de mañá, 3 de outubro. A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destina a esta convocatoria un orzamento de 400.000 euros, e cada entidade beneficiaria poderá recibir un máximo de 40.000 euros.

Leer más

SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS

O Concello renova as luminarias do Campus Sur da USC para garantir a seguridade

02/10/2024

O Concello de Santiago acaba de realizar unha importante actuación no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a renovación total de 438 puntos de luz para garantir a seguridade. Estas intervencións teñen como fin garantir a protección de persoas e bens, e tamén supoñen un aforro e unha mellora da eficiencia enerxética.

Leer más

CAPITAL CULTURAL

A Banda Municipal de Música arranca unha nova tempada baixo o título ‘Paseos’ da man do director Casiano Mouriño

02/10/2024

'Paseos' é o título da nova tempada de concertos da Banda de Música Municipal de Santiago que arrancará este domingo, 6 de outubro, e se estenderá ata o próximo mes de decembro no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia. Este primeiro ciclo de 13 concertos comenzará este domingo ás 12 horas coa proposta "De Fonseca ao Burgo das Nacións", unha colaboración da BMSC con ExperimentaDanza.

Leer más

LINGUA

O Espazo Apego recibe o mes de outubro cargado de actividades e castañas

01/10/2024

No Espazo Apego haberá espectáculos, contos, cociña, experimentos, visita das avoas e avós dos centros socioculturais... Vén o mes de outubro cargadiño de castañas e actividades no mellor abeiro da choiva do outono! A proposta de actividades do mes de outubro no Espazo Apego ten xa os formularios de inscrición abertos.

Leer más

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia inicia este xoves a súa nova temporada, ‘Inconformistas’ da man da solista Alena Baeva

01/10/2024

Neste primeiro concerto da temporada 2024-2025, Baldur Brönnimann levará a batuta e escoitarase unha das obras da compositora residente, Raquel García-Tomás. Cómpre indicar que, ademais das entradas individuais, o público pode mercar os novos bonos Flexible 10 e Flexible 5, que ofrecen a posibilidade de facerse con entradas para os concertos a un prezo máis reducido.

Leer más
Compartir: