XUNTA DE GOBERNO
O Concello de Santiago destina 250.000 euros a apoiar actividades desenvolvidas polo sector cultural profesional
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, deu luz verde ás bases da convocatoria de subvencións por un importe total de 250.000 euros para financiar iniciativas e accións de carácter cultural proxectadas e desenvolvidas polos profesionais do ámbito. O executivo municipal tamén acordou a concesión de subvencións por un valor total de 171.235,53 euros para a rehabilitación de vivendas na cidade histórica e nos barrios de Vista Alegre e Vite.
PLENO
O Pleno acorda a suspensión de licenzas previa á modificación encamiñada a recuperar o uso dotacional e protexer as antigas Escolas de Maxisterio
O Pleno municipal deu luz verde esta mañá a unha proposta que suspende os actos suxeitos a licenza e comunicación previa no edificio das antigas escolas de Maxisterio, que na actualidade acolle o centro de educación infantil e primaria López Ferreiro e as facultades de Enfermaría e de Ciencias da Educación da USC, na avenida de Xoán XXIII. Este acordo supón o paso previo para a modificación normativa que permita preservar o uso dotacional para o que foi creado así como a protección dos elementos que o...