CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais celebran o Día do Libro cunha ducia de actividades

18/04/2017

A concelleira Concha Fernández, que ten delegadas temporalmente as competencias de Centros Socioculturais, presentou este martes as actividades que se van desenvolver na rede para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebra o 23 de abril. As propostas, máis dunha ducia de actividades distintas, terán lugar ao longo de toda a semana "co obxectivo de animar á cidadanía a achegarse á lectura e de compartir a afección no caso dos que xa a teñen". Na rolda de prensa tamén participou Guadalupe...

Leer más

MEDIO AMBIENTE

O contrato de subministro eléctrico permitirá que o Concello consuma enerxía 100% renovable

18/04/2017

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, deu conta este martes da adxudicación do contrato de subministro de enerxía eléctrica en baixa e media tensión do Concello de Santiago á empresa Gas Natural Comercializadora S.A. A proposta foi aprobada nunha Xunta de Goberno celebrada o pasado mércores, e vén a "regularizar o subministro de eléctrico no Concello de Santiago, onde nunca existiu un contrato ao respecto". O edil explicou que "o Concello incumpriu sistematicamente a obriga de sacar a concurso o...

Leer más

CONSORCIO

Continúa aberta a inscrición no Curso de Posgrao de Especialización Orquestral, que posibilita ao alumnado formarse coa RFG

18/04/2017

Está aberto o prazo de inscrición para o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) 2017-2018. Impártese na Escola de Altos Estudos Musicais, en Santiago, e está recoñecido como título propio de posgrao pola Universidade de Santiago. Diríxese a músicos/as instrumentistas con titulación superior que teñan como meta adquirir a formación e a experiencia necesarias para integrarse nunha orquestra profesional.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Os galegos Atrás Tigre reciben á asturiana Lorena Álvarez no Compostela Conversa do 30 de abril

18/04/2017

A asturiana Lorena Álvarez, a rapaza de San Antolín á que cantou Nacho Vegas, e a súa Banda Municipal serán os invitados da banda compostelá Atrás Tigre na segunda sesión de Compostela Conversa, un novo ciclo da Concellaría de Acción Cultural que reúne a artistas con vínculos comúns nun irrepetible concerto dobre. Ambas bandas dialogarán sobre os fíos invisibles que as unen, como o "tradicional sexy", as musas, o pobo e a cidade, o costumbrismo, o humor o surrealismo e...

Leer más
Compartir: