EMPREGO

Talentia Summit volve apostando pola formación: máis de 3.000 prazas gratuítas en cursos e certificacións oficiais

31/10/2024

O maior evento de emprego de Galicia, Talentia Summit, celebrará a súa edición de 2024 do 12 ao 15 de novembro, cun programa cheo de novidades e facendo unha clara aposta pola formación. A feira, organizada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, ten como obxectivo proporcionar ferramentas, contactos e formación para que as persoas participantes poidan desenvolver todo o seu potencial profesional.

Leer más

LINGUA

O Samaín chega ao Espazo Apego

29/10/2024

No Espazo Apego haberá espectáculos, contos, cociña, experimentos, visita de Dornavela Edicións...Vivimos o Samaín con gargalladas terroríficas! A proposta de actividades do mes de novembro no Espazo Apego ten xa os formularios de inscrición abertos.

Leer más

SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS

O Concello pon a punto o cemiterio de Boisaca para a celebración de Todos os Santos e Defuntos

29/10/2024

O Concello de Santiago realizou unha serie de melloras no cemiterio municipal de Boisaca en previsión do incremento do número de visitantes coincidindo coas festividades de Todos os Santos e Defuntos, os vindeiros 1 e 2 de novembro. Entre outras accións, levouse a cabo a substitución integral de 91 puntos de alumeamento co obxectivo de incrementar o nivel lumínico do espazo, a seguridade eléctrica das pezas e reducir o consumo enerxético e as emisións do C02. Tamén se realizaron unha serie de labores de pintado, limpeza especial,...

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Revitalizando a tradición: a Xornada da Maker Faire Galicia para conectar cos oficios e as novas xeracións

29/10/2024

A X edición da Maker Faire Galicia celebra este ano a súa primeira Xornada de Oficios, un evento deseñado para poñer en valor os oficios tradicionais e conectalos coas novas xeracións. Nos últimos tempos, as conversas sobre estes oficios estiveron marcadas por dous grandes desafíos: a escaseza de profesionais cualificados e a falta de relevo xeracional. Este evento, que terá lugar o 8 de novembro na Casa das Máquinas de Galeras, está dirixido a profesionais, estudantes e público xeral interesado en descubrir as...

Leer más

CAPITAL CULTURAL

Afondar na arte do debuxo coas Xornadas de Ilustración Urbana

29/10/2024

Do 7 ao 10 de novembro, o 7º Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela ilustrada reúne en Santiago debuxantes e artistas da ilustración nun intenso programa de obradoiros e clases maxistrais. Nese contexto, as Xornadas de Ilustración Urbana arrancan o venres 8 dúas tardes consecutivas de faladoiros con profesionais do eido para achegar á cidadanía e aos visitantes o seu proceso creativo

Leer más

EDUCACIÓN

Programa municipal de conciliación de Nadal 2024

29/10/2024

O programa municipal de conciliación de Nadal 2024 desenvolverase entre o día 23 de decembro e o 7 de xaneiro, nos CEIPs Quiroga Palacios e Monte dos Postes. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.

Leer más

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

María Rozas fai balance do funcionamento do SAF no Consello Municipal de Persoas Maiores: "Conseguimos acabar coas listas de agarda"

29/10/2024

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presidiu esta tarde a reunión do Consello Municipal de Persoas Maiores. Na xuntanza, a tenenta de alcaldesa deu conta do funcionamento dos diferentes servizos municipais do que é usuario o colectivo, especialmente o Servizo de Axuda no Fogar.

Leer más
Compartir: