DEPORTES

O XII Trofeo Cidade de Santiago reúne máis de 250 judokas durante esta fin de semana no Restollal

31/01/2020

Máis de 500 persoas, entre deportistas, técnicos/as, colexiados/as e delegados/as estarán esta fin de semana no pavillón do Restollal para participar no XII Trofeo de Judo Cidade de Santiago, organizado polas federacións Galega e Española de Judo co patrocinio do Concello de Santiago. O torneo incluirá a VI Copa de España Infantil e o Campionato de Galicia Júnior, ademais dunha serie de actividades paralelas. Os detalles das competicións foron presentados en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Esther...

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local fará controis no transporte escolar entre o 3 e o 7 de febreiro

31/01/2020

A Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha unha nova campaña de control do transporte escolar. No marco da mesma, a Policía Local realizará inspeccións entre o 3 e o 7 de febreiro, e o seu obxectivo é revisar que se cumpran os requisitos obrigatorios relativos ao transporte de menores en idade escolar, como o uso do cinto de seguridade, o acompañamento dunha persoa adulta autorizada ou a documentación actualizada do vehículo.

Ler máis
Compartir: