DEPORTES

O pavillón municipal do Restollal acolle este sábado a XXXVII edición da Copa Galicia Feminina de Voleibol

02/01/2020

O concelleiro accidental de Deportes, Gonzalo Muíños, e o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna, presentaron este xoves a XXXVII edición da Copa Galicia Feminina de Voleibol, que se celebrará este sábado, 4 de xaneiro, no pavillón municipal do Restollal. O Concello colabora coa FGV e co Club Voleibol Santiago na organización desta festa do voleibol galego. A entrada é de balde.

Leer más
Compartir: