SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello acondiciona a contorna do Estadio Vero Boquete logo da retirada de 70 toneladas de materiais acumulados durante décadas
Distintos departamentos municipais, xunto con empresas concesionarias de servizos, procederon á limpeza e acondicionamento da contorna do Estadio Vero Boquete, en San Lázaro, que amoreou 70 toneladas de terra e materiais na zona de aparcadoiro.
CAPITAL CULTURAL
Compostela canta ‘Grândola Vila Morena’
No 50 aniversario da Revolução dos Cravos, o Auditorio de Galicia chama a cidadanía a participar nun canto popular desta composición de Zeca Afonso que se erixiu en himno da liberdade. A primeira interpretación pública de 'Grândola Vila Morena' tivo lugar en Compostela en 1972, nun concerto promovido polo estudantado da USC no comedor do pavillón do Burgo das Nacións
CONSORCIO
Publicada a licitación da concesión para o servizo de xestión, explotación e mantemento do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia
Este martes 26 de marzo publícase na Plataforma de Contratación do Estado e no Diario Oficial da Unión Europea, a licitación para a concesión da xestión do Palacio de Congresos para os próximos 7 anos, non prorrogables.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno acorda dotar de autonomía propia o Consello Municipal de Igualdade e aproba o seu proxecto de regulamento
O executivo local deu luz verde esta mañá ao proxecto de Regulamento do Consello Municipal de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela, que terá que ser elevado ao Pleno da Corporación para a aprobación inicial. Nesta mesma sesión tamén se acordou aprobar o expediente de contratación do servizo de conservación, reparación e pequena reforma de diversos edificios e instalacións dependentes do Concello cun orzamento base de licitación de 1,4 millóns de euros.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
Compostela súmase este sábado á "Hora do Planeta"
O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Sustentabilidade ambiental súmase este sábado, 23 de marzo, á "Hora do Planeta", unha iniciativa de concienciación ambiental que se celebra sempre o último sábado do mes de marzo. Entre as 20:30 e as 21:30 h, os edificios municipais e a Catedral de Santiago apagarán as súas luces.
DEPORTES
Volve o circuíto de carreiras saudables CorreSan que neste 2024 incorpora unha nova proba no barrio de Conxo
A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa o circuíto de carreiras saudables CorreSan, que este ano chega á súa décima edición e suma unha proba máis ao calendario: en total serán cinco carreiras. Na rolda tamén estiveron Iván Sanmartín, presidente da Federación Galega de Atletismo; Javier Nicolás Blanco, xerente do Centro Comercial As Cancelas; Miguel Anxo Nogueira; representante do Club Atletismo Noitebra; e Joao Fernández, presidente do Club...
MOBILIDADE
A Policía local detecta só 16 infraccións no uso do cinto tras controlar máis de dous mil vehículos
Na semana do 11 ao 17 de marzo, a Policía local de Santiago, dentro da campaña de controis da Dirección Xeral de Tráfico, vixiou nas estradas e vías compostelás o uso do cinto por parte de condutores e acompañantes, así como o correcto emprego dos sistemas de retención infantil.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC Maruxa e Coralia retoma o seu programa de roteiros para redescubrir Compostela
O Centro Sociocultural Maruxa e Coralia pón en marcha un novo programa de roteiros pola cidade histórica, que se desenvolverá ata o próximo mes de xullo. A iniciativa, aberta a toda a cidadanía e de balde, ten o obxectivo de que a veciñanza de Santiago coñeza mellor a riqueza histórica, patrimonial e cultural da zona vella.
DEPORTES
Máis de 600 judokas daranse cita este sábado no pavillón de Santa Isabel
A capital galega volverá ter unha nova cita co judo, neste caso o pavillón de Santa Isabel acollerá a 5ª xornada da Liga Rías Altas o sábado 23 de marzo. A concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentou o evento, que organiza o Concello a través do Compostela Judo Club, co presidente desta entidade, Javier Rial.
SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL
O Concello pon en marcha un contador de árbores xeorreferenciadas neste Día internacional dos bosques e da poesía
Este 21 de marzo, o Concello de Santiago celebrou o Día Internacional dos bosques e o Día da Poesía, unidos no Xardín das Pedras que Falan, onde están unha boa representación de poetas, coa plantación de árbores por parte de alumnado do CEIP Raíña Fabiola e coa entrada en funcionamento dun contador de árbores que contribuirán ante os retos de emerxencia climática.