EDUCACIÓN
O 20 de setembro remata o prazo para presentarse aos Premios Educacompostela
Convocados polo Concello de Santiago coa colaboración pedagóxica de Nova Escola Galega, estes premios pretenden recoñecer, promover e difundir públicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica. O traballo gañador percibirá 1.200 euros, o segundo clasificado 900 e o terceiro 600 euros. O prazo de presentación de orixinais rematará o 20 de setembro de...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Aberto desde mañá o prazo para solicitar subvencións dirixidas a empresas de economía social
Tras a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) de hoxe, 30 de agosto, as empresas interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde mañá ata o 1 de outubro. Esta convocatoria conta cun orzamento de 120.000 euros.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada en Sevilla o pasado 28 de agosto, vítima de violencia de xénero.
ALCALDÍA
Goretti Sanmartín avanza os retos do Concello de Santiago para este curso baixo a premisa "Compostela, orgullosa de si"
A rexedora anuncia a convocatoria este outono dun Pleno extraordinario sobre o estado do municipio para continuar traballando na transparencia.
LINGUA
O Espazo Apego dá a benvida ao novo curso cun amplo programa de actividades para o mes de setembro
Tras o descanso estival, o Espazo Apego presenta a súa oferta de actividades para o mes de setembro, cuxo prazo de inscrición xa está aberto.
ALCALDÍA
Apróbase de xeito definitivo a modificación do Regulamento de títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou hoxe, 29 de agosto, a aprobación definitiva da modificación do Regulamento de títulos, honras e condecoracións do Concello de Santiago que permitirá a inclusión das distincións de "Alba de Compostela" e "Mulleres de Compostela" así como dunha serie de melloras de fondo e forma desta normativa municipal. Esta modificación xa fora acordada de maneira inicial por todos os grupos municipais na sesión plenaria do pasado 27 de xuño, e tras o...
CAPITAL CULTURAL
Curtocircuíto reinvéntase para explorar as profundidades oceánicas
Do 1 ao 6 de outubro, a 21ª edición do festival manterá a súa aposta pola diversidade de ollares en máis de corenta obras procedentes de 16 países e preto dun 66% de filmes asinados por cineastas mulleres. Na sección oficial Cosmos competirán 25 traballos entre os que se atopan as últimas creacións de Elena López Riera, Gala Hernández, Sandra Schäfer ou Rainer Kohlberger. A programadora Caroline Maleville, os comisarios Gilherme Blanc e Peter Taylor, a xornalista Jara Yáñez e a escritora...
MOBILIDADE
O Concello de Santiago lembra que as modificacións no servizo a Casas Novas funcionan desde o 25 de xuño
Incrementáronse o número de frecuencias e modificouse o traxecto por mor do corte da rúa Pombal por obras de reurbanización.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais oferta 10.400 prazas nas actividades para o curso 2024-2025
Os Centros Socioculturais acollerán no próximo curso preto de 700 actividades distintas, das que 404 son organizadas polo propio departamento municipal. O prazo para inscribirse nelas estará aberto do 3 ao 13 de setembro. Explicouno o concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, que hoxe presentou a programación dos CSCs para o vindeiro curso, nunha rolda de prensa na que tamén participou a técnica responsable de programación da rede, Lourdes de la Cruz.
XUNTA DE GOBERNO
O Concello concede á Asociación Sarela unha parcela para a ampliación e mellora das súas instalacións
A Xunta de Goberno local acordou esta mañá aprobar a concesión demanial sobre a parcela DM-2 do SUNP-14, situada no barrio do Castiñeiriño, para a construción dun edificio destinado a centro de día e ocupacional para a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela por un prazo de 30 anos. O executivo local tamén deu luz verde á adxudicación á empresa SIELVIGO SL do contrato para a realización das obras de renovación da infraestrutura de iluminación e do peche perimetral suroeste do...