UMAD

O Concello súmase ao Día mundial da loita contra a SIDA cunha campaña centrada na discriminación das persoas co VIH

30/11/2023

Nos últimos anos, o Concello de Santiago, en colaboración con diferentes asociacións sensibles ao VIH, desenvolveu diferentes accións para a visibilización deste tema. Nesta ocasión, ponse o foco na sensibilización respecto da discriminación das persoas co VIH, coa difusión da campaña lanzada polo Ministerio de Sanidade baixo o lema BICOS A TODAS AS PERSOAS CO VIH ÁS QUE LLES NEGAMOS BICOS. Tamén se instalará unha mesa informativa na biblioteca Concepción Arenal durante a xornada de...

MOBILIDADE

O programa Colecamiños chega ao CEIP López Ferreiro

30/11/2023

O programa Colecamiños comezou hoxe a súa andaina no CEIP López Ferreiro, con máis de trinta nenos e nenas inscritos. O concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, acompañou esta mañá ás crianzas e ás suas familias no primeiro día da implantación dos camiños escolares seguros, guiados pola Policía Local.

PLENO

O Pleno aproba inicialmente a modificación do planeamento urbanístico na parcela da Finca do Espiño

30/11/2023

O Pleno municipal, na súa sesión ordinaria de novembro, acordou de maneira unánime á aprobación inicial da modificación puntual do PXOM e do PE-1 que suprime o aproveitamento lucrativo previsto na parcela privada de 8.012 m2 situada no perímetro da Finca do Espiño "co obxectivo de preservar a calidade ambiental e paisaxística desta área", segundo indicou o concelleiro Iago Lestegás. A Corporación tamén aprobou por unanimidade dúas declaracións institucionais, a primeira para...

CONVIVENCIA

Membros de Protección Civil das Illas Canarias impartirán unha charla sobre a xestión e os efectos da erupción volcánica na Illa da Palma

29/11/2023

O concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e varios membros da Corporación municipal recibiron esta mañá aos responsables de Protección Civil de Llanos de Ariane, Santa Cruz de Tenerife e de Tegueste que se atopan en Santiago para dar unha charla sobre a xestión da emerxencia volcánica na Illa da Palma en 2021. Esta conversa terá lugar mañá xoves, 20 de decembro, no edificio CERSIA e está aberta a todas as persoas interesadas.

DEPORTES

Preto de 250 deportistas participarán este sábado no Open Promesas Mireia Belmonte

29/11/2023

A piscina de Santa Isabel acollerá este sábado 2 de decembro o 'Open Promesas Mireia Belmonte by Hyundai' no que participarán 246 nadadores e nadadoras de 18 clubs de Galicia e de fóra de Galicia. A competición presentouse esta mañá no Pazo de Raxoi da man da concelleira de Deportes, Pilar Luiero, e o presidente do Club de Natación Ciudad de Santiago, José Rioseco.

ALCALDÍA

O Concello e a USC asinan un convenio marco para colaborar en múltiples ámbitos de interese para Santiago

29/11/2023

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, asinaron esta mañá un convenio que establece un protocolo marco de colaboración entre as dúas institución nas áreas de urbanismo e infraestruturas, vivienda, mobilidade, transferencia de coñecemento, prácticas formativas, cultura, igualdade ou deportes.

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

Comezan os roteiros saudables da Asociación Española Contra o Cancro en Compostela

29/11/2023

O próximo domingo, 3 de decembro, comeza o programa de Roteiros Saudables organizado pola Asociación Española Contra o Cancro en Santiago, unha actividade dirixida ao público en xeral que tén como obxectivo fomentar un estilo de vida activa que axude a previr tanto o cancro como outras enfermidades. A iniciativa foi presentada hoxe nunha rolda de prensa na que participaron a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, e o presidente da Xunta Local da AECC en Compostela, Francisco Pais.

ALCALDÍA

Concello e hostaleiros avanzan na creación dunha mesa para o diálogo co sector

29/11/2023

Na reunión confirmouse a adhesión dos hostaleiros á campaña municipal 'Fala Baixiño' e a vontade conxunta das dúas partes para a creación dunha mesa que sirva de "canle formal, estábel e de diálogo entre o Concello e as asociacións de hostalaría", como indicou a alcaldesa. Participaron na xuntanza a rexedora de Santiago, Goretti Sanmartín; os/as concelleiros/as María Rozas, Míriam Louzao e Iago Lestegás; e os/as representantes das principais asociacións de...

Compartir: