ALCALDÍA
Recepción no Pazo de Raxoi ao delegado rexio no acto de Translación dos restos do Apóstolo
Como cada 30 de decembro, a capital de Galicia acolleu o acto de Translación dos restos do Apóstolo Santiago, cuxo delegado rexio foi, neste 2023, o presidente da Parlamento Galego, Miguel Ángel Santalices. Finalizada a cerimonia relixiosa na Catedral, a comitiva oficial foi recibida no Pazo de Raxoi pola alcaldesa accidental, María Rozas, e boa parte da Corporación Municipal.
EDUCACIÓN
Do 2 ao 11 de xaneiro estará aberto o prazo para solicitar praza no programa de conciliación de VacaLudos Entroido do Espazo de Lecer María Miramontes
A partir do 2 e ata o 11 de xaneiro (ambos os dous inclusive) estará aberto o prazo de solicitude de praza para participar nas actividades do programa de conciliación de Entroido VacaLudos, que se desenvolverá no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (Ludoteca das Fontiñas) os días 12, 13 e 14 de febreiro.
MOBILIDADE
O Concello manterá a bonificación complementaria no transporte urbano e mellorará o sistema de información na estación de autobuses
O Concello de Santiago manterá en 2024 a bonificación complementaria do transporte urbano, que se suma á bonificación aprobada polo Goberno do Estado. Desta maneira, o prezo do billete con bono ordinario manteráse nos 0,30 euros, e o bono mensual seguirá custando 13 euros.
XUVENTUDE
Reunión de traballo co secretario de Estado de Xuventude e Infancia
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas, recibiron hoxe ao Secretario de Estado de Xuventude e Infancia, de visita en Santiago para manter unha xuntanza de traballo coa concelleira de Dereito e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Rubén Pérez explicou cales son as liñas de actuación do Ministerio de Infancia e Xuventude, e mostrou a súa vontade de impulsar políticas de colaboración coas administracións locais.
EDUCACIÓN
Case 150 nenos e nenas participan nas actividades de conciliación da Ludoteca das Fontiñas durante as vacacións de Nadal
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Educación, Míriam Louzao, visitaron esta mañá o Espazo de Lecer María Miramontes no que desde o comezo das vacacións, 146 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, asisten ao programa de conciliación VacaLudos Nadal con actividades ambientadas este ano no conto "Alicia no país das marabillas".
FESTAS
As Súas Maxestades de Oriente chegarán o día 5 á cidade seguindo a Estrela de Compostela
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, adiantou esta mañá en rolda de prensa algún dos detalles trasladados polos propios Reis Magos sobre a tradicional Cabalgata que terá lugar o vindeiro venres 5 de xaneiro. A comitiva percorrerá as rúas da cidade ata chegar á praza do Obradoiro e ao Pazo de Raxoi onde as SSMM recibirán aos nenos e nenas nunha tarde chea de "sorpresas musicais e golosas".
COMERCIO
Os Bonos Corazón mobilizaron case 1,4 millóns de euros no comercio e a hostalería de Santiago
A campaña dos Bonos Corazón, que finalizou o pasado día 22, concluiu cun volume de vendas de case 1,4 millóns de euros en 560 establecementos de comercio e hostalería de Santiago. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, fixo hoxe balance do programa, do que se beneficiaron ademais 12.000 persoas.
CAPITAL CULTURAL
Montserrat Fajardo, gañadora da edición 2023 dos Premios SELIC con 'Onde habita a tolemia'
Montserrat Fajardo é a gañadora da séptima edición dos Premios SELIC de creación literaria na modalidade de ensaio, pola súa obra 'Onde habita a tolemia' na que a autora visibiliza a enfermidade mental e a represión institucional contra as mulleres psiquiatrizadas nunha historia ambientada nunha institución mental de Santiago.
COMERCIO E RELACIÓNS VECIÑAIS
Mañá ábrese o prazo de inscrición para participar no concurso de escaparates de Nadal
O BOP acaba de publicar as bases da convocatoria do concurso de escaparatismo de Nadal, cuxo prazo de inscrición estará aberto desde mañá, 28 de decembro, ata o 2 de xaneiro. O obxectivo desta iniciativa é animar aos establecementos da cidade a atraer máis clientela e aumentar o consumo no comercio local durante as Festas do Nadal.
ALCALDÍA
O goberno municipal reúnese coa Plataforma de Asociacións Veciñais contra da Contaminación Acústica
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro, e representantes da Policía Local e da Policía Nacional mantiveron esta tarde unha xuntanza con membros da Plataforma de Asociacións Veciñais contra da Contaminación Acústica.