FEIRA DO LIBRO

O tenente de alcalde, Jorge Duarte, participa na apertura da Feira do Libro

30/04/2016

O segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, achegouse esta mañá á Alameda para participar na inauguración da Feira do Libro. Alí estivo acompañado do vicepresidente da Federación de Libreiros, Antón Pedreira; do secretario de Normalización Lingüística, Valentín García; e da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, entre outros concelleiros e concelleiras da Corporación compostelá.

XUNTA DE GOBERNO

Iniciado o trámite de posta en marcha dos Orzamentos Participativos de 2017

29/04/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar os trámites para a adxudicación do servizo para a posta en marcha dos orzamentos participativos para o ano 2017. O expediente resolverase mediante procedemento negociado sen publicidade, e conta cun tipo de licitación de 59.945,72 euros. O alcalde insistiu en que "os orzamentos participativos permitirán que a cidadanía interveña na toma de decisións sobre o destino dunha parte dos fondos municipais".

CONVIVENCIA

Xornadas sobre seguridade viaria en Down Compostela, CEE López Navalón e Aspas

29/04/2016

Fomentar a autonomía viaria das persoas con discapacidade, facilitar a súa integración e, sobre todo, favorecer a súa seguridade, son os obxectivos dos programas de educación viaria da Policía Local dirixidos a estes colectivos. Esta semana, no marco do programa Vivimos as mesmas realidades, puxéronse en práctica os contidos traballados previamente nas clases dos centros de educación especial Down Compostela, CEE López Navalón e Aspas.

DEPORTE E TURISMO

SantYaGo10K premiará aos grupos máis numerosos de participantes chegados á meta

29/04/2016

SantYaGo10K, a carreira nocturna de Santiago de Compostela, introduce este ano novos premios para os grupos máis numerosos que cheguen á meta na praza do Obradoiro. Haberá dous premios para estes grupos de corredores populares: un para o grupo non federado con maior número de participantes que cheguen á meta, e outro especial para o grupo non federado con maior número de particiantes femininas. En ambos casos, o premio será de 150 euros.

FESTAS

Os concertos de Davide Salvado e Soleá Morente pasan a ser de balde

29/04/2016

A veciñanza de Santiago poderá gozar dos concertos de Davide Salvado + Batida, do venres 6 de maio, e de Soleá Morente + WAS (We are Standard), do sábado 7 de maio, de maneira gratuíta. Así, todos os concertos da praza da Quintana, en particular, e toda a programación das Festas da Ascensión, en xeral, será de balde.

ACCIÓN CULTURAL

O Concello colabora coa Feira do Libro

29/04/2016

O Concello de Santiago facilita a celebración da Feira do Libro, aínda que, atendendo ás inquedanzas do sector, reformula a súa cooperación para este ano 2016.

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC de Conxo acolle un curso de iniciación de Dj durante maio e xuño

28/04/2016

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou este venres un curso de iniciación de Dj que se celebrará durante os venres de maio e xuño no Centro Sociocultural de Conxo. Esta actividade pretende ser o xerme dunha futura Escola de Dj.

Compartir: