CONVIVENCIA
Os Bombeiros estrean un vehículo especialmente pensado para a zona vella
O Servizo de Extinción de Incendios conta dende hoxe cun novo vehículo, especialmente pensado para ser utilizado na cidade histórica. Trátase dun camión dunhas dimensións máis reducidas do habitual, 7 metros de lonxitude, que facilitan o seu uso nas rúas da zona vella.
CONSORCIO
Dúas exposicións conmemoran os 20 anos da Real Filharmonía de Galicia, a través de fotografías, vídeos e música
Baixo o título Real Filharmonía de Galicia. 20 anos contigo, o Consorcio de Santiago, organismo que xestiona a RFG, promove dúas exposicións conmemorativas dos vinte anos de traxectoria da orquestra. A mostra repártese en dous espazos, a Casa do Cabido (na praza das Praterías) e o Auditorio de Galicia (sede da orquestra). A da Casa do Cabido inaugurouse esta mañá coa presenza do alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega; a concelleira de Cultura, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio, Belén...
PATRIMONIO
O III Ciclo de Cámara das Cidades Patrimonio chegará en maio a Santiago cun concerto na igrexa de San Domingos de Bonaval
Esta mañá tivo lugar na sede da Fundación Albéniz en Madrid a renovación do convenio de colaboración entre a Fundación Albéniz/Escola Superior de Música Raíña Sofía e o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Froito deste acordo de colaboración presentouse tras a firma o III Ciclo de Concertos Música de Cámara nas Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
DEPORTE
O Goberno local aposta por renovar o modelo de xestión do Refuxio de Animais
A concelleira de Benestar Animal presidiu esta mañá unha reunión do Padroado da Fundación Refuxio de Animais, na que presentou unha proposta para renovar o modelo de xestión do refuxio. Noa Morales formuloulles aos membros do Padroado a posibilidade de dividir o actual posto de alta dirección de Bando noutros dous contratos, un de director e outro de veterinario. A edil insistiu en que "este modelo sería máis eficiente e máis eficaz, e permitiría afrontar mellor a actual carga de traballo no Refuxio".
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno abre expediente polo atraso nas obras de Vista Alegre
A Xunta de Goberno acordou este venres abrirlle un expediente á empresa Petrolam A Veiga S.L. polo incumprimento do seu contrato para a execución da Fase II das obras de Vista Alegre. Botando man de informes técnicos e xurídicos, o Executivo entende que non existen causas obxectivas que ampararan a paralización dos traballos nos puntos non afectados polo protocolo de fendas, que obriga a describir o estado dos edificios para asegurar aos veciños ante posibles danos causados polas obras. Por iso, o Concello estudará a imposición á...
ESPAZOS CIDADÁNS
Jorge Duarte reclama máis axudas para as Áreas de Rehabilitación Integral
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade deu conta hoxe dos pasos a seguir despois de que o Instituto Galego da Vivenda e Solo aprobara a declaración do barrio de Vite como Área de Rehabilitación Integral. Jorge Duarte adiantou que a próxima semana se reunirá cos veciños da zona, para explicarlles o que supón esta designación e as axudas ás que poderán optar para mellorar as súas vivendas.
ACCIÓN CULTURAL
A Banda Municipal súmase á conmemoración do 400º aniversario da morte de Cervantes e Shakespeare cun concerto en Santa Marta
A Banda Municipal de Música ofrece un novo concerto este domingo, 28 de febreiro. Desta vez, a formación trasládase ao Centro Sociocultural de Santa Marta, onde ofrecerá unha actuación ás 12:30 horas baixo o título Cervantes e Shakespeare.
CONVIVENCIA
A Policía Local impartiu unha charla sobre os sistemas de retención infantil
Esta semana, a Policía Local realizou o primeiro taller teórico-práctico sobre o uso dos sistemas de retención infantil e seguridade no vehículo para embarazadas. A demanda de asistencia foi tal que superou a capacidade do Centro de Saúde das Fontiñas.
LINGUA E EDUCACIÓN
A EIM de Conxo acolle un obradoiro de recursos en galego para educación infantil
Este sábado 27 de febreiro, dende as 8:30 ata as 14:30 horas, realizarase un obradoiro de recursos en galego para educación infantil, convocado dentro do programa Apego. Terá lugar na Escola Infantil Municipal de Conxo e está dirixido ao persoal das escolas das Fontiñas e Conxo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Banda e a Orquestra de Corda da Escola Municipal de Música ofrecen un concerto este domingo no auditorio do CGAC
Este domingo 28 de febreiro, ás 12:00 horas, o auditorio do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), acollerá un concerto no que as agrupacións musicais de Banda e da Orquestra de Corda da Escola Municipal de Música, dirixidas polos profesores Óscar Fernández e Mario Diz, achegarán ao alumnado máis novo o mundo dos instrumentos de corda e vento.