EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A piques de rematar as obras de ampliación do CEIP de Roxos-Villestro
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitou o CEIP de Roxos-Villestro para interesarse pola situación das obras de ampliación do centro, a cargo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
TURISMO
O Entroido dos Xenerais da Ulla comeza esta fin de semana en Santiago con atranques nas parroquias de Marrozos e Angrois
O Entroido dos Xenerais da Ulla, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, comeza esta fin de semana en Santiago con dous atranques que terán lugar en Marrozos e en Angrois. En Marrozos, o atranque será o sábado, ás 19:00 horas, no campo da festa. En Angrois será o domingo, no Campo da Festa de Soutiño, tamén as 19:00 horas.
ALCALDÍA
Martiño Noriega participa cos nenos e nenas das escolas infantís municipais da celebración do Día da Non Violencia e a Paz
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acudiu esta mañá á Escola Infantil Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños para participar cos nenos e nenas dos actos polo Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
XUNTA DE GOBERNO
Prorrogado por seis meses o contrato con Setex Aparkisa, mentres se estuda a municipalización da ORA
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a prórroga, por un período máximo de seis meses, do contrato con Setex Aparkisa S.A. para a xestión dos servizos de ordenación, regulación e aparcamento na vía pública; e a retirada, traslado e depósito de vehículos. É a segunda prórroga deste contrato, despois da aprobada hai tres meses, cando se tivo coñecemento da sentenza xudicial que anulaba a concesión da grúa e a ORA.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Concerto da Escola Municipal de Música no Programa Universitario de Maiores da USC
Este venres 29 de xaneiro, ás 19:00 horas, a igrexa da Universidade acollerá a primeira das propostas educativas e culturais acordadas entre o Concello e a USC para que o alumnado do IV Ciclo da USC poida participar ao longo deste curso escolar na programación da Escola Municipal de Música. Será un concerto no acto de apertura do segundo trimestre do Programa Universitario de Maiores da USC.
CONSORCIO
O concerto deste venres da Real Filharmonía retransmitirase en directo por streaming
A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar hoxe xoves no Teatro Afundación de Vigo, ás 20:30 horas. Mañá venres, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 21:00 horas. Este último concierto retransmitirase en directo por streaming a través da web da RFG (www.rfgalicia.org) e das redes sociais (Facebook e Twitter). En ambas actuacións levará a batuta o mestre portugués Pedro Neves,...
DEPORTE
Adxudicadas as 22 prazas para a Campaña de Esquí 2016 en Leitariegos (León)
A Concellaría de Deporte realizou o sorteo para a adxudicación das 22 prazas outorgadas a Santiago de Compostela pola Deputación da Coruña para a Campaña de Esquí 2016. Os rapaces e rapazas agraciados, de entre 10 e 14 anos, estarán na Estación Invernal de Leitariegos (León) do 6 ao 11 de marzo.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machista de Vitoria, unha muller asasinada este mércores en Avilés (Asturias).
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
As escolas infantís municipais celebran este venres o Día da Non Violencia e a Paz
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentou en rolda de prensa os actos con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que se celebrarán mañá venres, de 10:00 a 13:00 horas, na Escola Infantil Municipal de Meixonfrío-Salgueiriños.
FESTAS
Aberto o prazo de inscrición no desfile-concurso do martes de Entroido
Xa está aberto o prazo para inscribirse e participar no desfile-concurso do Entroido 2016, que terá lugar o martes 9 de febreiro. Repartiranse 16.000 euros en premios.